CADETES: NUMANCIA, 2 - NARÓN, 0

 A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. Numancia, 2 - Narón, 0. Prados Vellos.ANTONIO LEMOS: "PRADOS VELLOS É UN FORTÍN"

 Partido moi serio e ben pelexado polos locais ante un Narón que non puido bater a ningún dos porteiros do Numancia.

 

Prados Vellos, 23 de febreiro de 2013

Encontro correspondente á undécima xornada da liga do grupo 4º, de categoría cadete disputado en Prados Vellos entre o Numancia e o Narón. Con esta vitoria na última xornada da primeira volta, xa van catro partidos seguidos gañando coma locatarios.

 

ALIÑACIÓNS

NUMANCIA: Agustín (Roberto), Emi, Óscar, David, Rolo (Lemos), Miguelín (Rañales), Brais (Ian), Fran (C),  Sergio Rico (Nico),  Carlos e Marcelo

NARÓN: Iván Casteleiro, Bruno Nodar ( Gabriel), Iván bouza, Miguel, Alex Martínez, Marvin, José L., Bruno Sande (Diego), Antonio (Óscar), Arturo (Carlos) e Alex Sueiras..

ÁRBITRO: Alejandro Méndez Bouza.

GOLES:  Carlos e Marcelo

1-0 (34') Falta en tres cuartos de campo preto da banda esquerda que Fran pon  na área  para a entrada dende a dereita de Marcelo que anota o primeiro tanto.

2-0 (48') Condución dende mediocampo de Fran  caneando a  varios contrarios e asiste para a entrada de Carlos polo centro, quen se adentra na área e bate ao meta visitante na súa saída.

 

COMENTARIOS DO XOGADOR LOCAL ANTONIO LEMOS:

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. Antonio LemosA XOGADA DO PARTIDO: Por nomear algunha, persoalmente quédome co segundo gol, Fran desfaise dos rivais con varios excelentes recortes e dálle un magnífico pase a Carlos que define á perfección fronte ao porteiro.
 
CLAVE: Penso que a clave estivo na actitude xeral do equipo, moi compacto e atento en todas as liñas.
 
ACTUACIÓN PERSOAL: Persoalmente penso sempre en mellorar, non estou a disgusto coa miña actuación, pero creo que todos os aspectos sempre son mellorables e a miña intención é esa .
 
O EQUIPO: Como xa dixen ao principio o equipo estivo moi correcto en todas as liñas e non houbo grandes erros pero sempre se pode mellorar. O fortín numantino volveu facer efecto posto que os 4 últimos partidos que xogamos en Prados Vellos os contamos por vitorias.
 
O RIVAL: O Narón é un equipo forte coma así o seu posto na clasificación. O máis destacado do seu equipo eran os xogadores de ataque, moi veloces  e que  en máis dunha ocasión puxeron en perigo a nosa meta, obrigándonos a repregamentos moi rápidos.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.