CADETES: NUMANCIA, 2 - NARÓN, 0
ANTONIO LEMOS: "PRADOS VELLOS É UN FORTÍN"
Partido moi serio e ben pelexado polos locais ante un Narón que non puido bater a ningún dos porteiros do Numancia.
Prados Vellos, 23 de febreiro de 2013
Encontro correspondente á undécima xornada da liga do grupo 4º, de categoría cadete disputado en Prados Vellos entre o Numancia e o Narón. Con esta vitoria na última xornada da primeira volta, xa van catro partidos seguidos gañando coma locatarios.
ALIÑACIÓNS
NUMANCIA: Agustín (Roberto), Emi, Óscar, David, Rolo (Lemos), Miguelín (Rañales), Brais (Ian), Fran (C), Sergio Rico (Nico), Carlos e Marcelo
NARÓN: Iván Casteleiro, Bruno Nodar ( Gabriel), Iván bouza, Miguel, Alex Martínez, Marvin, José L., Bruno Sande (Diego), Antonio (Óscar), Arturo (Carlos) e Alex Sueiras..
ÁRBITRO: Alejandro Méndez Bouza.
GOLES: Carlos e Marcelo
1-0 (34') Falta en tres cuartos de campo preto da banda esquerda que Fran pon na área para a entrada dende a dereita de Marcelo que anota o primeiro tanto.
2-0 (48') Condución dende mediocampo de Fran caneando a varios contrarios e asiste para a entrada de Carlos polo centro, quen se adentra na área e bate ao meta visitante na súa saída.
COMENTARIOS DO XOGADOR LOCAL ANTONIO LEMOS: