Cadetes: As Pontes, 4 - Numancia, 0

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. As Pontes, 4 - Numancia, 0. Os Calzados - A CapelaMáis castigo do merecido.

Derrota do equipo cadete do Numancia frente o As Pontes por 4 a 0 ó descanso chegouse con 2 a 0 a favor dos locais. O encontro xogouse na matinal do domingo no campo de Os Calzados de A Capela por non estar en condicións o terreo de xogo de O Poboado.

 

A Capela, 3 de febreiro de 2013

Aliñacións

 

As Pontes: Ángel Prieto, Brais Martínez (Alberto), Jorge, Alex Blanco (Alex Fernández), Ángel Cainzos, Iván, Raquel (José), Brais Blanco, David, Iago (Nahun) e Roberto (Óscar).

Numancia: Antonio (Agustín), Emi ( Rañales ), Sergio Rodríguez, Óscar, David, Fran, A. Novoa (Rolo), Miguelín(Ian), Brais (Sergio Rico), Carlos e Marcelo.

Árbitro: Rodrigo Fernández Pita

Goles: Iago (2), Iván, David.

1-0 (19') Iago. Cambio de xogo de dereita a esquerda apoiandose no medio campo que permite a internada ata aliña de fondo. O dianteiro local pon un centro que remata Iago no segundo pau entrando dende atrás.
2-0 (30') Iago. Balón dende banda esquerda que se pasea polo área visitante sen que nadie sexa capaz de despexar e que permite a  Iago empurrar o balón ó fondo da meta numantina anotando o segundo tanto.
3-0 (56') David. Arrancada dende medio campo dende a esquerda con entrada de David en diagonal para batir dende dentro da área a Agustín.
4-0 (79') Iván. Centro dende a dereita e remate sen moita oposición de Iván.

Partido que se disputou na mañá do domingo no campo de Os Calzados de A Capela por estar en malas condición o terreo de xogo de O Poboado en As Pontes.
O xogo dos dous equipo veuse limitado por as pequenas dimensión do campo que non deixou moitos espacios. Inicialmente achegouse máis o equipo visitante inda que con pouco acerto. O meta local amosouse moi seguro en todo o encontro e anulou todos os intentos visitantes por anotar, sobre todo con as súas saídas nos saques de esquiña donde non deu opción a rematar os dianteiros visitantes.
As chegadas locais no primeiro tempo foron poucas pero máis efectivas, conseguindo sorprender á contra no primeiro gol e aproveitarse das imprecisións defensivas no segundo.
Na segunda metade parecia que os visitantes poderían acurtar distancias porque se seguían a chegar perto da área pero se seguía sen acerto. Dispuxeron de opcións en faltas ó borde da área e saques de esquiña, pero nin en xogada nin a balón parado foron capaces de anotar os de Ares. Incluso dispuxeron de un penalti no minuto 71 que o meta visitante atallou con gran acerto. Pola contra os locais aproveitaron novamente á súa oportunidade e anotaron o terceiro tanto no minuto 56.  Ó  final ás forzas e os ánimos visitantes baixaron e finalizaron encaixando un novo tanto xa no remate do encontro deixando una derrota máis abultada do merecido.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.