Cadetes: As Pontes, 4 - Numancia, 0
Máis castigo do merecido.
Derrota do equipo cadete do Numancia frente o As Pontes por 4 a 0 ó descanso chegouse con 2 a 0 a favor dos locais. O encontro xogouse na matinal do domingo no campo de Os Calzados de A Capela por non estar en condicións o terreo de xogo de O Poboado.
A Capela, 3 de febreiro de 2013
Aliñacións
As Pontes: Ángel Prieto, Brais Martínez (Alberto), Jorge, Alex Blanco (Alex Fernández), Ángel Cainzos, Iván, Raquel (José), Brais Blanco, David, Iago (Nahun) e Roberto (Óscar).
Numancia: Antonio (Agustín), Emi ( Rañales ), Sergio Rodríguez, Óscar, David, Fran, A. Novoa (Rolo), Miguelín(Ian), Brais (Sergio Rico), Carlos e Marcelo.
Árbitro: Rodrigo Fernández Pita
Goles: Iago (2), Iván, David.
1-0 (19') Iago. Cambio de xogo de dereita a esquerda apoiandose no medio campo que permite a internada ata aliña de fondo. O dianteiro local pon un centro que remata Iago no segundo pau entrando dende atrás.
2-0 (30') Iago. Balón dende banda esquerda que se pasea polo área visitante sen que nadie sexa capaz de despexar e que permite a Iago empurrar o balón ó fondo da meta numantina anotando o segundo tanto.
3-0 (56') David. Arrancada dende medio campo dende a esquerda con entrada de David en diagonal para batir dende dentro da área a Agustín.
4-0 (79') Iván. Centro dende a dereita e remate sen moita oposición de Iván.
Partido que se disputou na mañá do domingo no campo de Os Calzados de A Capela por estar en malas condición o terreo de xogo de O Poboado en As Pontes.
O xogo dos dous equipo veuse limitado por as pequenas dimensión do campo que non deixou moitos espacios. Inicialmente achegouse máis o equipo visitante inda que con pouco acerto. O meta local amosouse moi seguro en todo o encontro e anulou todos os intentos visitantes por anotar, sobre todo con as súas saídas nos saques de esquiña donde non deu opción a rematar os dianteiros visitantes.
As chegadas locais no primeiro tempo foron poucas pero máis efectivas, conseguindo sorprender á contra no primeiro gol e aproveitarse das imprecisións defensivas no segundo.
Na segunda metade parecia que os visitantes poderían acurtar distancias porque se seguían a chegar perto da área pero se seguía sen acerto. Dispuxeron de opcións en faltas ó borde da área e saques de esquiña, pero nin en xogada nin a balón parado foron capaces de anotar os de Ares. Incluso dispuxeron de un penalti no minuto 71 que o meta visitante atallou con gran acerto. Pola contra os locais aproveitaron novamente á súa oportunidade e anotaron o terceiro tanto no minuto 56. Ó final ás forzas e os ánimos visitantes baixaron e finalizaron encaixando un novo tanto xa no remate do encontro deixando una derrota máis abultada do merecido.