Cadetes: E.F.G. Caranza, 7 - Numancia, 2

Crónica e imagenes de la derrota del equipo de cadetes de la A.D.R. Numancia de Ares en su visita al campo de Caranza para enfrentarse a la Escuela de Fútbol del Galicia de Caranza en la mañana del Sábado.En cinco minutos afundiuse o Numancia

Derrota do equipo cadete na súa visita a Caranza donde a Escola de Fútbol do Galicia  venceu por 7 a 2. Ó descanso chegouse con ventaxe local de 4 a 1. 

 Caranza, 12 de xaneiro de 2013

Aliñacións:

E.F.G. Caranza: Adam (Adrián 41'), Óscar (Ángel 57'), Dani López (Brais 52), Álvaro, Diego, Dani Rodríguez, David, Pablo (Manuel 46'), Mario, Víctor e Jhony (Alberto 57').

Numancia: Antonio (Roberto 41'), Rolo (Julián 55'), Sergio Rodríguez, Óscar, David (Nico 41'), José Manuel, Emi, Miguelín (Ian 55'), Brais, Sergio Rico (Novoa 41') e Carlos.

Goles: David (2), Diego, Daniel Rodríguez, Mario, Jhony e Manuel para a E.F.G. Caranza; Emi (2) para o Numancia.

Árbitro: D. José Piegue Leis amosou cartón amarelo a Dani Rodríguez da E.F.G. Caranza.


0-1 (24'): Brais baixa o balón no centro do campo e pon en longo para Sergio Rico quen da un pase en profundidade no pico dereiro da área para que Emi se interne e o cruce sobre a saída do porteiro.

1-1 (27'): Erro en cadea defensivo do Numancia que permite ós locais facerse cun balón en banda dereita preto da liña de fondo, facer un centro e asistir a Mario quen dende o punto de penalti envía o balón a escadra dereita da porta defendida por Antonio.

2-1 (29'): En pleno despiste visitante, os locais poñen un balón ás costas da defensa que erra no rexeite permitindo a Jhony culminar a contra anotando o segundo tanto local.

3-1 (32'): Balón que queda morto dentro da área visitante que a defensa moi nerviosa non e quen de alonxar permitindo a Diego anotar o tanto local.

4-1 (39'): Erro na marca á saída dun "córner" que permite a Dani Rodriguez libre de marca anotar de cabeza sen oposición ningunha.

5-1 (45'): Nova contra con balón ás costas de defensa visitante que permite a David anotar.

5-2 (47'): Saque de porta en erro que deixa o balón ós pes de Emi quen dispara a porta anotando o tanto despois de que o balón roce nun defensa e o desvíe lixeiramente.

6-2 (68'): Saque de esquina mal executado polos locais que e rexeitado mal pola defensa visitante deixando o balón os pes de Manuel preteo da media lúa. O agasallo e aproveitado polo dianteiro local para anotar o tanto.

7-2 (75'): Contra levada por David que encara a Roberto o canea na súa saída anotando o definitivo 7-2.


Unha vez máis inicio esperanzador do Numancia ata que recibe o primeiro tanto, despois nervios, erros e falta de intensidade que fai do equipo aresán fácil presa de calquer equipo que poña un pouco de gañas no xogo. O estado do campo completamente anegado pode servir de excusa para algún dos erros defensivos pero cusriosamente os primeiros 25 minutos donde caeu unha boa cantidade de auga foron donde o conxunto aresán amosou unha imaxe algo mellor.
En resumo e coma en outras ocasión o equipo amosouse indolente e sen ideas, sen saber reacionar ante a adversidade. Moito terá que traballar o adestrador para correxir a situación,tratando de conseguir que o equipo comence a competir nesta categoría donde non hai rivais pequenos e a intensidade no xogo e fundamental.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.