CADETES: NUMANCIA, 0 - G. CARANZA, 7

 TRIUNFO DO NUMANCIA E VITORIA DO CARANZA

Clara vitoria do líder en Prados Vellos ante un Numancia que presentou resistencia durante boa parte do partido.

 
Ares, 22 de decembro de 2012

Partido correspondente á cuarta xornada do grupo cadete ferrolán, con estas aliñacións:

NUMANCIA: Antonio, Gil, Permuy, Óscar, Sergio R., Martín, Emi, Fran, Marcelo, Miguelín e José Manuel. Durante a segunta metade entraron: Raúl, Lemos, Ían, Nico e Julián.
Adestrador: Daniel Iglesias.
 
G. CARANZA: Carlos, Álex, Abraham, Borja, Freire, Javi, Diego, Ismael, Artai, Aarón e Pablo. Tamén xogaron: Marcos, Adrián, Alexandre e Francisco.
Adestrador: José Mahía.
 
ÁRBITRO: Roberto Landrove. Nico (Numancia) maís Diego e Aarón (Caranza) foron amoestados con cartón amarelo.
 
GOLES:
0 - 1 (3´): Diego.
0 - 2 (28´): Artai.
0 - 3 (51´): Francisco.
0 - 4 (71´): Freire.
0 - 5 (74´): Pablo.
0 - 6 (76´): Freire.
0 - 7 (79´): Artai.
 

 
 
COMENTARIO: O primeiro gol visitante, nada máis comezar o partido, parecía augurar unha goleada de escándalo pero nada máis lonxe do que se puido comprobar despois, cun Numancia que se defendía con orde e mesmo intentaba sorprender con contraataques ao Caranza. Certo é que o balón era dos visitantes e tamén as ocasións de gol máis claras aínda que, nesta ocasión, a actitude dos locais foi merecente dun resultado digno ante un rival que está a xogar unha competición moi pequena para o seu potencial, con xogadores chamados a participar en ligas superiores. Resulta obvio que este choque era un enfrontamento desigual como tamén son diferentes os obxectivos das dúas entidades. De aí ese titular no que nos referimos ao triunfo do Numancia, aínda que poida resultar paradoxal despois dunha derrota tan clara, pois triunfo é presentar no terreo de xogo a dezaseis rapaces aresáns, mesmo deixando fóra da convocatoria uns cantos máis, rapaces que veñen a practicar o seu deporte favorito no club da súa vila, independentemente da súas capacidades futbolísticas. E tamén resulta un triunfo grande observar a progresión daqueles rapaces que hai pouco tempo saltaban por vez primeira a un campo de fútbol e hoxe están rendendo a un nivel máis que aceptable. Por tanto, unha derrota que nos deixa un sabor parcial a triunfo, aínda que os tres puntos vaian para Caranza.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.