Cadetes: Numancia, 0 - O Val, 6

Crónica e imágenes de la derrota del equipo de cadetes de la A.D.R. Numancia de Ares frente a la S.D: O Val en encuentro disputado el sábado en Prados Vellos.Superioridade visitante.

En encontro disputado na tarde do sábado en Prados Vellos o equipo cadete do Numancia caeu derrotado frente o equipo de O Val por 0 a 6. Ó descanso chegouse con vitoria visitante por 0 a 2.

 Prados Vellos 8 de decembro de 2012.

Aliñacións

Numancia: Roberto (Agustín 41'), Emi, David (Ian 54'), Sergio Rodríguez, Óscar, Rolo (Rañales 41'), Brais (Lemos 18'), Fran, Carlos, Miguelín (Julián) e José Manuel.

O Val: Fran (Sergio Roca 77'), Marcos, Diego Ameneiros, Manuel (Fernando 58'), Fran Ameneiros, Bruno, Carlos, Samuel (Alex 61'), Antón (Raúl 56'), Hugo (Santi 41') e Simón.

Árbitro: Adrián González Franco, amoestou con cartón amarelo a Fran Ameneiros por O Val e amosou cartón vermello a Santi de O Val e Sergio Rodríguez do Numancia.

Goles: Simón (2), Hugo, Marcos, Fran Ameneiros e Raúl para O Val.

Segunda xornada de liga na que o subcampión de copa, O Val, visitaba o campo de Prados Vellos. O encontro se amosaba complicado para os locales que amosaban algunhas baixas pero sobre todo polo bo estado de forma do equipo valexo.
A saída inicial do Numancia con intención de xogar con as liñas xuntas  tratando de afogar o xogo rival viuse truncada xa na primeira chegada a porta dos visitantes que anotaron no minuto 1 nun pase ás costa da defensa local na banda dereita con recepción i entrada en diagonal de Hugo que anotou o 0-1.
Este mazazo inicial non cambiou o plantexamento dos locais que trataban de recuperar o balón e sacalo rápido á contra, pero non conseguían pasar de tres cuartos de campo. No minuto 18 os localis vense na obriga de facer un troco que  desaxusta un pouco a orde defensiva i e aproveitada no minuto 19 por Fran Ameneiros que remata dende dentro do área un centro dende a banda esquerda.
O Val tiña o balón e o control do partido pero víase na obriga de tocar e tocar ante os poucos espacios que deixaban os locais que apenas si dispuxeron de un par de achegamentos a meta rival con pouco perigo. Ó descanso chegabase con 0-2 no marcador.
A segunda metade comenzou coma a primeira, erros e indecisións defensivas do Numancia que aproveita Simón recollendo un balón que chega dende a dereita a media lúa encara a Agustín a quen desborda  hacia a esquerda e cruza o balón ó fondo da portería, era o 0-3 no minuto 42.
Os locais xa non estaban tan asentados e daban máis oportunidades  así no minuto 46 un centro dende a dereita ó punto de penalti e rematado por Marcos que anota o 0-4.
No minuto 60 un balón o borde da media lúa e recuperado por Raúl que xira sobre si e dispara sorprendendo a Agustín anotando o 0-5.
No minuto 73 unha trifulca entre Sergio Rodríguez e Santi remata con ambolos dous xogadores na caseta tras ver o cartón vermello. Acto seguido producese a lesión de Emi e obriga ós locais a finalizar o encontro con nove xogadores.
Para rematar no minuto 78 con un gol de Simón axudado involuntarimante por un defensa local e deixar o 0-6 definitivo.
Encontro do que se pode sacar cousas positivas do primeiro tempo cando o Numancia xogou con orde e intensidade defensiva. Un encontro donde o rival foi superior sobre todo na segunda metade donde o Numancia viuse superado sin opción ningunha para prantar cara o rival.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.