Inicio Noticias Cadetes Cadetes: Perlío, 2 - Numancia, 1
 
 

Cadetes: Perlío, 2 - Numancia, 1

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. Liga. Perlío, 2 - Numancia, 1. os PinaresSobraron os últimos ninutos.
O equipo de cadetes caeu nos últimos minutos por 2 a 1, no primeiro econtro de liga disputado na maña do sábado en Os Pinares fronte o Perlío. Ó descanso chegouse con vitoria local por 1 a 0.


Os Pinares (Perlío - Fene) 1 de decembro de 2012

Aliñacións:
Perlío: Alex Pico, Paozo, Ignacio, Daniel (Aarón Rodríguez 54'), Diego Montero, Miguel (Elías 41'), Diego Calvo, Aarón Rodeiro (Yago 67'), Miño, Alex Braojos (Diego Porta 60') e Manuel.

Numancia: Agustín ( Antonio 41'), David (Lemos 65'), Sergio Rodríguez, Óscar, Nico (Rolo 50'), Brais ( Ian 57'), José Manuel, Emi, Carlos, Fran e Sergio Rico (Miguelín 41').

Árbitro: D. Daniel Calderón Pérez, que amosou cartón amarelos a Daniel, Diego Montero e Diego Calvo polo Perlío e a Nico e Carlos por parte do Numancia.

Goles: Diego Calvo e Paozo para o Perlío; Emi para o Numancia.

 


Primeiro tempo de claro color local con xogadas ás costas da defensa numantina que propiciou ata cinco claras situación de gol antes de que no minuto 39 se adiantaran no marcador. Cando paracía que se chegaría ó descanso con empate no marcador un balón ás costas da defensa visitante é controlado por Diego Calvo que entra no área e bate a Agustín na súa saída. Os visitantes nunca chegaron a controlar o medio campo e dispuxeron de un par de ocasión que non foron quen de aproveitar.
A segunda metade foi máis igualada e con mellor xogo visitante. O partido foise endurecendo e obrigou ó colexiado a facer uso das tarxetas. Pouco a pouco o Numancia xerou perigo e un cambio de xogo de esquerda a dereita aproveitao Emi para entrar en diagonal cara ó area e bater o meta local establecendo o 1 a 1 no minuto 68. Parecía que ó final os de Ares terían oportunidade de incluso voltear o marcador ou a lo menos levar un punto de Os Pinares, pero no minuto 78 un balón posto dende a dereita  á meida lúa, novamente ás constas da defensa, perite a Paozo adiantarse a defensa e porteiro e batir a este último para anotar o 2-1 definitivo.
En resumo un encontro donde o Perlío domiñou unha parte e so puido marcar un tanto e unha segunda metade máis disputada donde os visitantes puideron incluso gañar pero acabaron perdendo.
Non foi un mal comenzo, agás o resultado, pero nesta liga todos os partidos van a ser complicados e haberá que sair centrados e dispostos a competir dende o primeiro ata o último minuto.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.