Inicio Noticias Cadetes Cadetes: Cebarca, 1 - Numancia, 4
 
 

Cadetes: Cebarca, 1 - Numancia, 4

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-213. Copa Local. Cebarca, 1 - Numancia, 4. Bernardino Breixo - A Barqueira - Cerdido.Obxectivo cumprido
Vitoria por 1 a 4 do equipo de cadetes na súa visita a Cerdido para enfrontarse ao Cebarca na tarde do sábado. Ao descanso chegouse con 1-2 no marcador. Remata a copa para o equipo cadete acadando quedar entre os seis primeiros a falta dunha xornada na que descansará.

 

 

Bernardino Breixo - A Barqueira (Cerdido) 17 de Novembro de 2012

Aliñacións:

Cebarca: José, Manuel, Noel, Cristobal (Diego 60'), Adrián Pena, Abel, William (Damián 57'), Joaquín, Adrián Mouriz, David e Juanvi.

Numancia: Agustín, David, Brais, Óscar, Nico (Rañales 53'), Fran, Emi, Miguelín (Lemos 53') , Carlos Piñeiro, Sergio Rico e Pablo Ferro (Ian 60')

Goles: Adrián Mouriz para o Cebarca e  Carlos Piñeiro (2), Emi e Ian para o Numancia.

Árbitro: Ramón Cajete de la Vega amoestou con cartón amarelo a Noel do Cerbarca e a Sergio Rico do Numancia.

A partida fronte ao Cebarca presentábase como fundamental para poder alcanzar a clasificación entre o seis primeiros e optar a xogar en grupo A que disputarán os 6 primeiros de cada grupo. Era o último partido para os de Ares posto que descansarán na última xornada. Presentábase o equipo aresano con moitas baixas por diversos motivos e era necesaria a participación de dous infantís. A todo iso había que engadir a visita a un campo de herba natural, superficie á que non están afeitos e un día de pésimo para a práctica do fútbol, moita choiva, vento e frío.
Con todo o mal estado do terreo axudou ao equipo visitante que no minuto 1 aproveitou un erro do porteiro no saque de porta chegando o balón a Carlos Piñeiro  quen recibiu ao bordo da área, internouse uns metros e marcou a pracer o 1-0.
Pouco durou a alegría aos aresanos, posto que nunha contra do equipo local aos 3 minutos unha internada pola esquerda de Juanvi permítelle pór o balón á área e Adrián Mouriz anota o tanto da igualada adiantándose á defensa visitante (1-1).
No minuto 15 Sergio Rico recibe ao bordo da media lúa e pon sobre a esquerda un balón á área para a entrada de Carlos Piñeiro que finaliza a xogada cruzando ao pau contrario e anotando así o 1-2 co que se chegaría ao descanso.
A primeira parte foi dominada polo Numancia que dispuxo de moitas ocasións para anotar, aínda así os locais dispuxeron dalgún balón á contra e sobre todo puideron xerar perigo a balón parado con faltas ao bordo da área.
Na segunda parte e co campo aínda máis pesado o Numancia seguiu atacando e anotaría o 1-3 por mediación de Emi no minuto 48 ao finalizar unha xogada que se inicia en banda  esquerda coa internada de Pablo Ferro, chegada á liña de fondo e pase atrás para Carlos Piñeiro que dispara, rexeita a meta local e Emi chegando desde a dereita anota.
Os locais mostraban cansazo e comezábanselle a lesionar algún dos seus xogadores. O 1-4 chegaría no minuto 62 nunha xogada  que se inicia en campo propio con saída de balón a cargo de Fran, pase ao centro facía Brais, apertura a banda esquerda para a internada de Carlos Piñeiro, chegada á liña de fondo e centro ao momento de penalti para que Ian anote o resultado definitivo. A partir de aí, as lesións dos locais, que remataron con 9 xogadores sobre o campo, e o xogo dos de Ares que baixou en intensidade deixaron o marcador no 1-4 que dá os puntos necesarios aos aresanos para clasificarse dentro do seis primeiros de grupo, cumprindo así o obxectivo inicial deste torneo de copa.
Así pois, só queda felicitar aos xogadores e adestradores que participaron neste torneo de copa defendendo a camiseta do equipo cadete do Numancia. Agora esperar ao comezo da liga, onde o nivel de esixencia será maior.


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.