Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 2 - PERLIO, 1.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 2 - PERLIO, 1.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2012-2013. Numancia 2 - Perlio 1. Prados Vellos 09/11/12.VITORIA MOI SUFRIDA

Logo de ir gañando 2 - 0 no descanso, acabamos pedindo a hora, para finalmente conseguir tres puntos moi valiosos.

 

Prados Vellos 9 de novembro de 2012

Partido correspondente á novena xornada do segundo grupo da copa Delegacion de Ferrol, disputado en Prados Vellos.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Roberto (Antonio 41´), Emi, Sergio Rodríguez, Rolo (David Gil 51´), José Manuel (Lemos 67´), Carlos, Fran, Sergio Rico (Ian 67´), Miguelin (Nico 51´) e Marcelo.

PERLIO: Daniel Pena (Alejandro Pico 41´), Daniel Souto (Adrián 49´), Cristián (Diego 53´), Daniel Lago, José Antonio, Diego Rodríguez, Brais (Miguel 53´), Manuel, Elías, Aron e Iván (Alejandro Braojos 49´).

COLEXIADO: David Sierra Peraira. Amoestou a Sergio Rodríguez polo Numancia e a Miguel polo Perlio.

GOLES:
Fran (30´) e Sergio Rico (39´) polo Numancia,  Aron (55´) polo Perlio.

 

COMENTARIO: Esperábase a un Perlío máis poderoso de saída e houbo que agardar á segunda metade para ver a ese equipo fenés que tan só perdera un partido, porque na primeira parte o Numancia tivo o control absoluto do partido, con moita posesión aínda que con pouca pegada arriba. Sucedíanse as xogadas en ataque por parte dos aresáns aínda que non encontraban a finalización correcta. Así, tivo que ser unha falta directa lanzada por Fran a que abrise un marcador que incrementou Sergio Rico tras un excelente pase de Sergio Rodríguez. Xusta vitoria local nos primeiros corenta minutos, cun equipo moi ordenado e con poucos erros en defensa.

O panorama cambiou completamente na segunda parte, quizás porque os locais baixaron o ritmo e tamén porque o Perlío colocou no terreo de xogo todo o que tiña. Palpábase a posibilidade do empate en cada ataque dos visitantes, e se o segundo gol non chegou foi polas excelentes intervencións de Antonio, sacando tres mans incribles cando xa se cantaba o gol. 

Co asubío final do partido, os aresáns suman tres puntos moi importantes para alcanzar unha das seis primeiras prazas. Con todo, hai que salientar a batalla que deu un equipo formado maioritariamente por xogadores de primeiro ano de cadetes, demostrando gañas e calidade.


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.