CADETES:NUMANCIA 1 - O VAL 3
XA TEMOS OUTROS TRES LESIONADOS………………….
4 de abril de 2009
Luis
O ano anterior o equipo cadete tiña trece fichas e con eses xogadores fomos capaces de manter o equipo toda a tempada. nembargantes este ano con vinte fichas levamos unha mala racha donde saímos a escordadura de nocello por partido, cando non son varias.
Alineación:CARLOS ; ÁLVARO, ÁNGEL, PABLO (EXPULSADO NO MINUTO 28),JESÚS ; ANTONIO (JONY), JUANRA, DANIEL, DAVID; MANU y VÍCTOR (RUBÉN).
Somos un equipo que sofre moito cada vez co equipo contrario ten un dianteiro centro rápido. Hoxe xuntouse que ademais de rápido ten calidade e loita duro tódolos balóns.
CONCLUSIÓN:
Marcounos tres goles e provocou a expulsión dun dos nosos centrais, a pesares da maxistral lección que impartiu o noso porteiro Carlos que estivo ”impresionante” tanto en disparos lonxanos como en varios un contra un co mencionado dianteiro.
A actuación de Carlos e un gol que marcou Antonio nos primeiros minutos mantívenos no partido cáseque hasta o final cando Daniel estragou un penalti con un a dous no marcador. Para rematar temos que facer autocrítica xa que levamos cinco puntos en toda a segunda volta.
| | |