CADETES. NUMANCIA, 4 - R. SAN PEDRO "B", 3.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. Numancia 4 - R. San Pedro CARA A, CARA B

Decidiu un gol de Fran ao lanzar maxistralmente unha falta directa nos últimos minutos do partido.

 

Ares, 26 de outubro de 2012

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Roberto (Agustín min. 40), Brais, Sergio (Ian min. 64), Óscar, David Gil (Miguelín min. 53), José Manuel, Emilio (Lemos min. 64), Fran, Ángel, Carlos (Rolo 53´) e Marcelo.

R. SAN PEDRO “B”: Javier Díaz (Francisco min. 40), Pablo Bergantiños, Javier Aranton, Pablo Tenrreiro, David Lago, Miguel, Iván, Pablo Muiños (Lois min. 40´), Pablo García, Joan e David Cebreiro (Pablo Aboal 71´).

COLEXIADO: José M. Santos Mato. Amoestou a Sergio do Numancia.

GOLES:

1 – 0: David Gil (min. 11).
2 – 0: Javier Arantón (propia puerta min. 26).
3 – 0: Marcelo (min. 28).
3 – 1: Pablo García (min. 45).
3 – 2: Lois (min. 50).
3 – 3: Lois (min. 77).
4 – 3: Fran (min. 80).

 

 

COMENTARIO: Por que pode cambiar tanto un partido? Por que pasamos dun 3 – 0 nos primeiros corenta minutos a un 3 – 3 na segunda parte? O certo é que os cadetes locais ofreceron unha cara A bastante positiva, con entradas por bandas e cunha defensa que abortaba os escasos intentos dos ferroláns. Un gran disparo de David Gil, un gol en propia meta tras unha moi boa xogada de Marcelo e un terceiro gol do propio Marcelo recoñecían os méritos dun Numancia que controlou o partido e creou máis ocasións. Porén, desde o primeiro minuto da segunda parte, o equipo aresán xa ofreceu a cara B, perdendo balóns fáciles e tomando as decisións incorrectas en xogadas que remataron en goles do San Pedro. Perdéronse as bandas, os centrocampistas non deron a pausa necesaria e a defensa non estivo acertada. E gol tras gol chegamos a un empate a tres que non era inxusto, máis por demérito dos locais que por méritos dos ferroláns. E cando todo parecía decidido chegou a mellor xogada: falta directa preto da área visitante, na posición ideal para un lanzador como Fran. E golazo, auténtico golazo, unha marabilla para o espectador e unha definición que dá tres puntos e a posibilidade de seguir tras o obxectivo de entrar entre os seis primeiros.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.