Inicio Noticias Cadetes TRIANGULAR CADETES: NUMANCIA, EUME E G. MUGARDOS.
 
 

TRIANGULAR CADETES: NUMANCIA, EUME E G. MUGARDOS.

A.D.R. Numancia de Ares. Triangular de Cadetes. Eume, Galicia de Mugardos y Numancia en Prados Vellos

MOITA IGUALDADE RESOLTA DENDE OS 11 METROS.

O Numancia gañou o triangular da categoría de cadetes ao gañar por 1-0 ao G. Mugardos e empatar 1-1 co Eume. No outro encontro Eume e G. Mugardos tamén empataron 1-1.

Prados Vellos, 1 de setembro de 2012.
 
ALIÑACIONS:

EUME: Marcos Romaus, Pablo Díaz, Miguel Allegue, Cristian Garcia, Sergio Montero, José Mª Rodríguez, Raúl Bouza, Pedro Luaces, Alex Gutiérrez, Camilo Reinoso, Pablo Regueiro, Borja Regueiro, Jaime Rodríguez, Jesús Lourido, Paulino Perez-Mendaña e Alex Feal.

G. MUGARDOS: Alex Yáñez, Pablo Cartelle, Bruno Canosa, Alexis López, Mario González, Alex Otero, Antón Pérez, José M. Martínez, Martín Amado, Xurso Romeu, Daniel Domínguez, Evaristo Martínez, Javier Lorenzo e Alex Fernández.

NUMANCIA: Roberto, José Manuel, Sergio Rodríguez, Brais, Óscar, Marcelo, Emilio, Carlos, Sergio Rico, Fran, Nico, Antonio, Miguelín, Rolo, David Gil, Alberto, Martín, Miguel, Ian, Iván, Andrés Novoa e Agustín.

ÁRBITRO: Rodrigo Serrano Naveiras

EUME, 1 - G. MUGARDOS, 1 (3-4 nos penaltis)

Goles: 0-1, Mario. 1-1, Raúl.

Moita igualdade no primeiro encontro entre o Eume e o Galicia de Mugardos. No minuto 16 Mario anotaría o 0-1 á saída dun corner.
O Eume conseguiria a igualada no minuto 21 nunha xogada por banda dereita con cambio de xogo á esquerda control de Raúl que penetra na área e anota o tanto elevando o balón sobre a saída do gardameta.
Desde o empate até o final as ocasións repartíronse e calquera dos dous equipos puido levar a vitoria. Ao finalizar en empate un punto para cada equipo e aos penaltis para desfacer posibles empates na clasificación final e tamén saber quen sería o rival do Numancia no seguinte encontro. Desde o punto de penaty sería o G. Mugardos o que estaría máis acertado impoñendose por 3-4.

NUMANCIA, 1 - EUME, 1 (1-3 nos penaltis)

Goles: 0-1, Sergio Rodríguez (p.p.). 1-1, Carlos.

Partido que inicialmente dominou o Numancia con chegadas a porta e ocasións claras para adiantarse. Aos poucos o Eume foise estirando e puxo nalgún aperto aos locais. Adiantouse o equipo visitante no minuto 31 grazas a unha entrada por banda esquerda con centro á área que Sergio Rodríguez introduce en propia portaría. Non veu abaixo o equipo local e no 39 unha recuperación de Marcelo en banda esquerda con pase a Emilio permite a este último centrar ao bordo da área onde Carlos revólvese e bate á meta visitante establecendo a igualada. Finalizado o choque un punto para cada equipo e a sorte de penaltis favorable ao eume por 1-3.

NUMANCIA, 1 - G. MUGARDOS, 0

Gol: 1-0, Ian.

Do mesmo xeito que os choques anteriores igualdade máxima onde o Numancia que presentou un equipo diferente ao do partido do Eume estaba un pouco mellor fisicamente que os mugardeses. As ocasións alternáronse pora os dous equipos sendo a máis clara para os locais nun disparo desde fóra da área que o porteiro visitante enviou a corner nunha bo intervención. Cando parecía que o partido finalizaría tamén en empate, unha entrada de Iván na área é cortada en falta pola defensa visitante decretando o árbitro a pena máxima. O penalti executaríao Ian anotando o 1-0 sen tempo xa para reaccionar posto que xa finalizaría o encontro.

En resumo, catro puntos Numancia, dous Eume e un G. Mugardos nun triangular dominado pola igualdade e onde calquera do tres equipos sería digno vencedor do mesmo.

Agradecer a xogadores, colaboradores e afeccionados a súa aistencia a Prados Vellos na tarde do sábado para disputar e presenciar este triangular de cadetes.

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.