CADETES. EFG CARANZA, 6 - NUMANCIA, 6.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011-2012. EFG Caranza 6 - Numancia 6, Caranza 21/04/12.

Pésimo encontro do Numancia

Empate a seis tantos do equipo cadete do Numancia na súa visita a Caranza para enfrontarse á Escola de Fútbol do Galicia de Caranza. Ao descanso chegouse con vitoria local por 4 a 2

 

Caranza 21 de abril de 2012.

ALIÑACIONS:

EFG CARANZA: Fojo, Gabriel (Brais 56´), Arrojo, Dani, Alvaro, Ismael Pita (Jose 45´), Yeray, Diego (Alex 48´), Ismael Taboada, Rafa (Jorge 52´) e Alberto (Marcos 42´).

NUMANCIA: Agustín (Roberto 41´), José Manuel (Fran 41´), Adrián, Brais (Oscar 41´), Sergio, Ivan, Novoa, Miguel, Angel, David e Marcelo.

COLEXIADO: Le Prince Tehoukali Syluie. Sin incidencias.

GOLES:  Yeray (3), Isma Taboada (2) e Alex para a E.F.G. Caranza. Ángel (2), Marcelo (2), David e Miguel para a S.D.R. Numancia de Ares.

1 – 0: Yeray (min. 3). Balón sobre a esquerda do ataque local con vantaxe para Brais que non acerta a despexar deixando o camiño libre ao dianteiro de Caranza Yeray para pór o balón cruzado ao pau esquerdo da meta de Agustín.

2 – 0: Yeray (min. 5).  Balón en longo pola dereita que gaña o dianteiro local pondo un centro á área que sorprende á defensa visitante permitindo anotar a Yeray enviando o balón á dereita de Agustín.

3 – 0: Yeray (min. 17). Xogada similar á do segundo tanto con entrada por banda dereita , centro á área e gol local. O banco visitante reclamou fóra de xogo no inicio da xogada.

3 – 1: Ángel (min. 22). Xogada polo centro con pase de David a Ángel que pelexa o balón, se interna na área e anota o primeiro tanto numantino.

3 – 2: Marcelo (min. 24). Saque de esquina de David, o balón paséase pola área sen que ninguén acerte a tocalo e acaba no poste dereito da meta local, o rexeite chega a Marcelo que dispara a porta e anota tras tocar o balón nun defensa.

4 – 2: Ismael Taboada (min. 39). Cando parecía que se chegaría ao descanso con vitoria mínima local, un novo balón ás costas da defensa visitante, permite que Isma marche por velocidade encarando a Agustín e anotando o 4-2 co que finalizaría o primeiro tempo.

4 – 3: David (min. 43). Pase de Adrián a David sobre o pico esquerdo da área. David se interna e eleva sobre a saída da meta local acurtando distancias. Bo recurso do xogador aresán.

4 – 4: Angel (min. 48). Chegada por banda dereita de Marcelo ata a liña de fondo con pase atrás para que Ángel tras recibir o balón rexeitado por un defensa anote o empate.

4 – 5: Miguel (min. 54). Balón rexeitado da defensa local que chega a Miguel que está situado preto do bordo da área. O disparo en parábola de Miguel sorprende ao porteiro local que non pode facer nada por evitar o tanto. Un gol dos que gusta ver.

4 – 6: Marcelo (min. 62). David pon un balón en diagonal sobre a entrada de Marcelo desde a dereita que  resolve ante a saída do meta local.

5 – 6: Ismael Taboada (min. 68). Perda de balón no medio campo do Numancia que permite aos locais poñer un balón en longo ás costas da defensa aresá e que é aproveitado por Ismael Taboada novamente.

6 – 6: Alex (min. 76). Xogada de ataque visitante que finaliza en  saque de esquina a favor dos locais. O saque de esquina aprovéitao Alex para anotar de cabeza o empate definitivo.

Os vinte puntos que separaban aos numantinos dos ferroláns na clasificación facían pensar nun partido alcanzable para os de Ares.
Pero pronto se viu que non sería o día do Numancia, unha defensa descentrada desde o primeiro minuto e un centro de campo que perdía os balóns con demasiada facilidade permitiron que en 5 minutos os locais anotasen dous tantos. Tras o 3-0 chegouse con algo máis de perigo e acurtouse distancias pero antes do descanso novo descoido e novo tanto local.
Nulos en defensa, imprecisos no medio campo e sen acerto en ataque, ese é o resumo da primeira metade.
A segunda metade parecía que se iniciaba algo mellor, sen grandes alardes chegábase a pisar a área rival e conseguiuse fiar algunha xogada. A pesar de sufrir  algún que outro susto defensivo o Numancia chegaba e conseguía remontar ata porñerse en vantaxe de dúas tantos no marcador (4-6).
Cando parecía que o equipo podería seguir chegando e anotando, xustamente pasaría todo o contrario, erros encadeados en todas as liñas que facilitaron o empate local. Empate merecido porque aproveitaron a debilidade dos visitantes repetindo unha e outra vez a mesma xogada, recuperación en medio campo, balón ás costas da defensa e rapidez de execución cara a porta.
Partido para esquecer e moito que mellorar entre semana para afrontar a visita do As Pontes, terceiro clasificado.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.