Cadetes. Numancia, 2 - Portuarios B, 1

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2011 - 2012. Numancia, 2 - Portuarios B, 1. Prados Vellos 15/04/2012Ao final acabouse sufrindo.

Vitoria do equipo de cadetes fronte ao Portuarios B por 2 a 1 onde se acabou sufrindo en exceso despois dun bo primeiro tempo que finalizou con vantaxe local de 2 a 0.

Prados Vellos 14/04/2012

Aliñacións:

Portuarios: Manuel; Óscar, Adrián Márquez, Daniel, Adrían Cancio, N. Cristobal, Alejandro, Javier(Martiño 35'), Rubén, H. Juan e J. Camilo.

Numancia: Roberto (Agustín 41'); José Manuel, Alberto, Brais, Sergio Rodríguez ( Óscar 50'); Iván, Emilio (Ángel 41'), Miguel, A. Novoa, Fran (Sergio Rico 50') e Marcelo.

Árbitro: D. Jeisson Andrés Aguado Castaño. Expulsou ao adestrador visitante e mostrou cartóns amarelos a Alberto e Brais polo Numancia.

Goles: Adrián B. Cancio para o Portuarios B, Iván e Marcelo para o Numancia.

 

Goles:
1-0. Minuto 18. Balón que Alberto pon pola dereita sobre a entrada de A. Novoa que se interna na área e dispara a porta.  O meta visitante despexa en curto e o rexeite aprovéitao Marcelo para abrir o marcador.
2-0. Minuto 20. Saque de esquiña desde a dereita que Miguel pon ao centro da área onde Iván entrando desde atrás remata de cabeza ás redes visitantes.
2-1. Minuto 68. Entrada do equipo visitante por banda esquerda con centro á área, un dianteiro visitante remata a porta despexando Agustín, o rexeite no bordo da área chégalle a Adrián B. que escorándose un pouco á dereita pon o balón lonxe do meta local.

Partido moi disputado onde o Numancia non acusou a falta de xogadores de 2º ano ben suplidos polos catro infantís que participaron no encontro. O Numancia saíu ben plantado e o centro campo con Iván, Miguel e Fran fixeron xogar ao equipo controlando o xogo e repartindo balóns con moito sentido.  A defensa mostrouse máis segura que en partidos anteriores e só a falta de puntaría local e o acerto do meta visitante impediu que a diferenza no marcador fose maior dos dous tantos conseguidos nos minutos 18 e 20.
A segunda parte comezou ben pero aos poucos o equipo ferrolán foise estirando e creando perigo, entrouse nun xogo de ida e volta con ocasións  en ambos os lados máis claras para os locais que non acertaron a pechar o partido e permitiron aos visitantes achegarse no marcador no minuto 68, antes Agustín enviara a corner un saque de falta con moito perigo. Iván, cun remate ao traveseiro e Ángel, cunha xogada onde se foi de todos e finalizou enviando o balón fóra, puideron sentenciar o partido, pero teríase que sufrir até o final fronte a un rival que puido conseguir levar algo positivo da súa visita a Prados Vellos.

En resumo, bo encontro onde se debeu de sufrir menos para conseguir a vitoria ante un rival que mellorou no segundo tempo e puxo as cousas difíciles.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.