CADETES:EUME, 3 - NUMANCIA, 0

A cadelo fraco todo son pulgas

 

Fútbol Cadete Grupo IV Sábado, 7 de marzo 2009.

Rafa


EUME 3 - NUMANCIA 0


A cadelo fraco todo son pulgas


Viaxamos a Pontedeume con so once xogadores (descoñezo quen foi o responsable, pero si teño que facer constar que había moito malestar na expedición).

Cando o equipo estaba quentando lesionouse o porteiro ( Cristian ) que facendo un gran esforzo aguantou corenta minutos, pero no segundo tempo non puido saír.

Hoxe teño que felicitar ao equipo porque fixo un esforzo físico excepcional e non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento a pesares de ir perdendo.

Teño que felicitar especialmente a Cristian, que soportando a dor aguantou 40 minutos para non deixar ao equipo con 10 xogadores.

Mención especial tamén para Álvaro que fixo un ha segunda parte excepcional na portería.

Tampouco sería xusto non lembrarse e de Ángel e Antonio , que non estando acostumados a xogar todo o partido, loitaron coma xabatos.

Espero que con este espírito de loita, a próxima semana sexamos capaces de gañar ao Mugardos.

Finalmente quero darlles un tirón de orellas aos dous xogadores que foron expulsados o día do partido de Perlio, xa que en parte, son culpables de que hoxe só foramos once a xogar


Alienacións:


Numancia:

1 Cristian , 2 Álvaro ( c) , 3 Ángel , 4 Pablo, 5 David, 6 Juan Ramón , 7 Manuel, 8 Antonio , 9 Miguel ,10 Daniel e 11 Bryan.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.