CADETES. G. CARANZA, 10 - NUMANCIA, 0.
Sen comentarios.
Estrepitosa derrota do Numancia na súa visita a Caranza onde o líder , Galicia de Caranza, endosou un humillante 10-0. Ao descanso chegouse con derrota visitante por 2 a 0.
Caranza 24 de marzo de 2012.
ALIÑACIONS:
G. DE CARANZA: Alexandre (Dopico 70´), Moisés, Jandro (Romero 53´), Sedes, Amado (Javi 48´), Pablo (Dani 57´), Alex, Jorge, Isma Taboada, Brais (Artai 48´) e Isma Graña.
NUMANCIA: Agustín (Kike 40´), Novoa, Alberto, Brais (Miguelito 32´), Jose Manuel (Sergio 47´), Adrián, Marcelo, Miguel (Andrés Saavedra 47´), David e Angel.
COLEXIADO: Daniel Leira López. Amoestou a Jorge polo G. de Caranza e a Brais, José Manuel, Alberto e Miguelito polo Numancia.
GOLES:
1 – 0: Brais (min 1´)
2 – 0: Brais (min 9´)
3 – 0: Brais (min 42´)
4 – 0: Isma Taboada (min 44´)
5 – 0: Alex (min 55´)
6 – 0: Artai (min 57´)
7 – 0: Romero (min. 60´)
8 – 0: Dani (min 70´)
9 – 0: Isma Graña (min 71´)
10 – 0: Jorge (min 79´)
O Numancia saíu durmido e froito deste estado chegaría o primeiro gol do Galicia de Caranza antes de se cumprir o primer minuto de xogo, consecuencia dun erro defensivo visitante.
Aínda aparvados polo mazazo inicial chegaría aos 9 minutos o segundo tanto local nunha xogada onde o dianteiro eleva o balón sobre a saída de Agustín coa coxa.
Tras eses 10 minutos iniciais o Numancia meteuse no partido e presionou a saída de balón dos locais provocando a estes perdas de balón que non foron aproveitadas polos dianteiros numantinos.
Esa presión coa defensa adiantada tamén era aproveitada polos locais para montar contras perigosas pero que tampouco chegaron a concretar.
O primeiro tempo acabaría con vitoria local por 2 a 0 pero coa sensación de que o Numancia podía plantar cara aos líderes da categoría.
Pero a segunda metade comezou como a primeira, erros visitantes e goles locais, en 4 minutos chegaron dous novos goles e con 4 a 0 o Numancia desapareceu do campo, os goles foron chegando un tras outro e o partido fíxose eterno para os de Ares.