Inicio Noticias Cadetes CADETES. MIÑO, 1 - NUMANCIA, 5.
 
 

CADETES. MIÑO, 1 - NUMANCIA, 5.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011-2012. Miño 1 - Numancia 5. Municipal de Miño 11/03/12

 Moitas ocasións e pouco acerto.

Vitoria con máis atrancos dos esperados do Numancia na súa visita a Gallamonde donde se impuxo por 1 a 5. No descanso o marcador era de empate a un tanto. 

Municipal de Miño 11 de marzo de 2012.

ALIÑACIONS:

MIÑO: Diego, Elías, David, Nelson, Jony (Lucas 64´), Pablo, Iván, Oscar, Carlos, Brais (Rubén 68´) e Casas (Tito 52´).

NUMANCIA: Roberto (Agustín 41´), Saavedra (Novoa 41´), Adrián, José Manuel (Brais 41´), Alberto, Sergio (Carlos 41´), Darío, Miguel, Angel, Ivan e Miguelito (David 41´).

COLEXIADO: Brais Tenreiro Verez. Sin incidencias.

GOLES:  Casas para o Miño. Iván (2), Ángel, David e Carlos para o Numancia.
  

1 – 0: Casas (min. 14).  Relaxación defensiva visitante e cambio de xogo de esquerda a dereita ás costas da defensa. Entrada en diagonal do dianteiro local cara á porta para anotar o tanto de disparo cruzado.
1 – 1: Angel (min. 16). Saque de esquiña visitante que o porteiro local tenta despexar quedando o balón morto no área pequena, tras unha serie de rexeites Ángel anota o empate.
1 – 2: David (min. 56) penalti. Unha internada de Ángel e freada polo meta local con falta dentro do área. O penalti anotao David.
1 – 3: Carlos (min. 65). Entranda por banda dereita de Iván con chegada á liña de fondo e pase cara atrás para que Carlos anote o tanto.
1 – 4: Ivan (min. 68) penalti. Novamente o porteiro local derruba dentro do área a un dianteiro visitante, nesta ocasión a Carlos. O penalti o executa Iván anotando o tanto.
1 – 5: Ivan (min. 79). Apertura dende o centro de Adrián cara a banda dereita para que Iván entre en diagonal cara á porta e poña o balón lonxe do alcance do meta local.

O encontro disputouse na mañá do domingo, soleada e con un calor impropio destas datas. O Numancia saiu algo adormecido e non foi quen de aproveitar  as chegadas á meta local. Froito das constantes imprecisións e falta de concentración chegou o gol dos locais. Os aresans anularon pronto a ventaxe aprovitando un saque de esquina. Os visitantes tiveron oportunidades pero as decisións cara a porta case nunca eran axeitadas e ás axeitadas eran atalladas polo meta local. Así chegariase o descanso.

Na segunda metade o Numancia amosouse máis ofensivo e grazas a un penalti adiantouse no marcador. Con todo un erro de entendemento entre Agustín e Brais fixo que este último provocara unha pena máxima favorable ós locais. Por sorte para os de Ares, Agustín detivo o penalti i evitou o empate. Esta xogada foi clave para a continuación do encontro pois  en 8 minutos o que podía ser o empate (60') transformouse cinco minutos máis tarde no 1-3 obra de Carlos ó que xa lle anularan un tanto por fora de xogo. E pasados tres minutos máis  penalti sobre Carlos que permite a Iván sentenciar. Dende ahí ata o final moitas ocasións e un novo gol de Iván.

En resumo un partido onde o Miño cedeulle o protagonismo o Numancia e onde os de Ares deberon de xestionar mellor o xogo tomando decisións máis axeitadas tanto en defensa coma no xogo ofensivo e fundamentalmente na definición cara a porta.

A vindeira semana a visita do Narón será unha boa ocasión para recuperar o bo xogo e amosar unha mellor imaxe.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.