CADETES. NUMANCIA, 2 - R. SAN PEDRO, 0.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011.2012. Numancia 2 - R. San Pedro 0. Prados Vellos 03/03/12.Fortuna

Vitoria dos cadetes frente á R. San Pedro nun encontro donde a fortuna sorriu ós locais. O dous a cero, co que rematou a primeira metade, sería o serultado definitivo do encontro.
 

Prados Vellos 3 de marzo de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Roberto (Agustín 41´), Marcelo, Alberto, Brais, Adrián (Sergio 58´), Novoa (José Manuel 58´), Dario, Miguel (Miguelito 41´), Angel, Ivan e David (Andrés Saavedra 52´).

R. SAN PEDRO: Fran (Javi 41´), Carlos (Mou 37´), Julián (Couto 45´), Marcos, Cone, Luís, Cillero (Ivan 55´), David, Borja, Alberto e Dani (Orois 41´).

COLEXIADO: Diego Mato Sanmartín. Amoestou a Miguelito polo Numancia e a Luís, Cillero e David polo San Pedro.

GOLES: Cillero (p.p.) e Ángel.

 

1 – 0: Cillero (p.p.) (min. 29) Balón que pelexa Ángel na líña de fondo na esquerda do ataque local. O centro á área tenta ser reixeitado polo meta e o defensa vistante no primeiro pau, pero ó final sería este último quen introduce o balón en propia meta.
2 – 0: Ángel (min. 35). Balón lóngo dende medio campo que cae perto do punto de penalti, un defensa visitante despexa mal chegando o balón a Ángel que dende perto do pico dereito da área conecta un forte disparo ante o que nada pode facer o meta visitante.

O partido comenzou con un abafante dominio visitante que dispuxo de boas ocasións xeradas en parte por erros locais. A pesar do dominio e as ocasións visitantes, sería o Numancia quen ós once minutos disporía de unha boa oportunidade para abrir o marcador. O colexiado decretou penalti por máns dun defensa visitante, a pena máxima executouna David e o meta visitante, Fran, adiviñou a traxectoria detendo o disparo. As ocasións chegaban por ambos bandos pero máis coma resultado dos erros defensivos que dos acertos atacantes. Roberto tivo tres paradas de mérito e sempre estivo atento para frustrar as ocasións visitantes. Os goles chegaron e duas xogadas de mala fortuna para os visitantes un gol en propia meta e un erro no despexe.

A segunda metade foi máis equilibrada e a defensa local estivo máis acertada controlando os ataques dos ferroláns, inda así Agustín tivo que respostar un par de veces de forma decisiva para manter a porta a cero. O xogo edureceuse un pouco e apareceron as tarxetas, unha para os locais e tres para os visitantes. Ainda que os locais chegaron con certo perigo o marcador non sufriria modificación e os tres puntos quedaron na casa.

En resumo un partido frouxo donde a fortuna estivo do lado dos de Ares e donde destacaron os porteiros.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.