Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 4 - PERLIO, 5.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 4 - PERLIO, 5.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011.2012. Numancia 4 - Perlio 5. Prados Vellos 25/02/12.!!CARNAVAL¡¡¡ !!CARNAVAL¡¡¡....

Os de Ares marchan ao descanso cunha vantaxe de 4 - 1. Póñense a careta e o disfrace e nunha segunda metade de vergoña botan por terra o partido. O Perlio con seriedade, oficio, traballo e esforzo deulles unha lección de pundonor, e de regalo déixolles unha "MANITA"

Prados Vellos 25 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Agustín (Roberto 40´), Andrés Saavedra (Miguel 40´), Alberto, Brais (José Manuel 54´), Miguelito, Novoa, Dario (Sergio 56´), Adrián, Marcelo, Iván e David.

PERLIO: Dani Pena, Yago (Cabana 29´), Deive, Lago (Adrián Gómez 40´), Manu, Miguel (Jose 52´), Diego Calvo (Porta 40´), Varela, Adrián Miño (Elías 56´), Rodri e Aaron.

COLEXIADO: David Sierra Pereira. Amoestou a Brais e Miguel polo Numancia e a Rodri polo Perlio.

GOLES:  Varela, Rodri, Adrián Miño, Adrián Gómez e Aarón para o Perlío. Novoa, David, Darío e Iván para o Numancia.


1 – 0: Novoa (min. 2). Pase en longo de David hacia a entrada en diagonal de Novoa dende a banda esquerda. Novoa adéntrase no área e bate o meta visitante.
1 – 1: Varela (min. 11). Erro dos locais que permite ó Perlío entrar pola esquerda e poñer un pase dentro do área que aproveita Varela para batir a Agustiín.
2 – 1: David (min. 16). Balón en zona dereita de mediocampo que Marcelo pon el longo a entrada pola esquerda de David que encara a meta visitante e anota o tanto cruzando o balón na saída do porteiro.
3 – 1: Darío (min. 20). Saque de esquiña que saca Iván, erro no remate de Marcelo quedando o balón solto no área pequena que aproveita Darío para anotar.
4 – 1: Iván (min 37). Xogada persoal de Iván dende medio campo que chegando ó área visitante marca axustado ó pau esquerdo donde o porteiro visitante non e quen de tapar de forma axeitada.
4 – 2: Rodri (min 44). Falta centrada perto do área que Rodrí pon lonxe o alcance de Roberto.
4 – 3: Adrián Miño (min 49). Roubo de balón perto do pico dereito do área  con entrada ata a liña de fondo e centro ó área pequena para que Adrián Miño recurte distancias.
4 – 4: Adrián Gómez (min. 66). Saque de esquiña que Adrián Gómez remata con moita facilidade.
4 – 5: Aaron (min. 81). Erro no saque de unha falta en medio campo dos locais que permite ó Perlío poñer un balón ás costas da defensa local que Aarón aproveita para deixar o resultado final.

Primeiro tempo  bo dos locais onde practicaron un bo xogo e  controlaron o partido no medio campo e defensa xerando moitas ocasións de perigo que puideron facer aínda máis amplo o marcador.
Segundo tempo pésimo dos locais, o equipo veu abaixo,  lentos, inseguros, imprecisos , sen ganas e  deixaron que o Perlío con moita máis seriedade gañáselles terreo e que levase unha merecida vitoria de Prados Vellos.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.