Inicio Noticias Cadetes CADETES. AS PONTES, 4 - NUMANCIA, 3.
 
 

CADETES. AS PONTES, 4 - NUMANCIA, 3.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011-2012. As Pontes 4 - Numancia 3. O Poboado 11/12/12.MENTALIZACIÓN, CRENZA, ESFORZO E COMPROMISO.

Estes valores básicos e válidos para triunfar en calquera faceta da vida foron os que lles faltaron aos aresáns para traerse os tres puntos de As Pontes.

O Poboado 12 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

AS PONTES: Ángel, Alberto, Picallo (Brais Martinez 68´), Cainzos, Alejandro Pico (David García 41´), Iván, David Rey, Brais Blanco (Meizoso 68´), Roberto (Nahun 50´), Diego e Alex.

NUMANCIA: Roberto, Brais, Alberto, Adrián, Miguelito, Novoa, Dario, Miguel (Saavedra 41´), Angel, David e Iván.

COLEXIADO: Francisco J. Pita Lorenzo. Amoestou a Cainzos e Alejando Pico por As Pontes e a Ángel polo Numancia.

GOLES: David Rey (2), Diergo e Alberto (p.p.) para As Pontes. David (p.p.), Ángel e Alberto para o Numancia.


1 – 0: Miguelito (p.p) (min. 2). Contra dos locais que pon o balón dentro da área visitante, o despexe de Brais impacta en Miguelito e o balón acaba dentro da portaría.
2 – 0: David Rey (min. 5). Roubo de balón no medio campo apertura á dereita e internada facilitada por erros defensivos visitantes, o dianteiro local chega á área e bate a Roberto.
3 – 0: Diego (min. 24). Xogada con perigo do Numancia que non finaliza e os locais arman unha rápida contra que sorprende á defensa visitante. Do posible 2 a 1, pasouse ao 3 - 0 co que finalizaría a primeira metade.
4 – 0: David Rey (min. 61). Novas imprecisións defensivas que permiten ao dianteiro local tomar o balón ao bordo da área e penetrase nela para bater a Roberto.
4 – 1: David (min. 66). Penalti do porteiro local sobre Iván que transforma David.
4 – 2: Ángel (min. 72). Balón que gaña en carreira Ángel entre dous rivais e bate ao porteiro pontés na súa saída.
4 – 3: Alberto (min. 91). Alberto recibe un pase de Iván en banda esquerda penetra en diagonal na área e eleva sobre a saída do porteiro.

O Numancia tirou a primeira parte do encontro. Un equipo lento, sen ideas e adormecido facilitou a tarefa aos locais que pronto inauguraron o marcador. O equipo local sen mostrar un xogo moi superior aos visitantes si soubo aproveitar os erros destes e sobre todo mostrou unha maior intensidade e concentración.
A segunda parte comezou cunha lixeira melloría visitante pero un novo erro defensivo parecía deixar definitivamente sentenciado o partido. Os locais foron cedendo terreo e o Numancia espertou, acurtou distancias de penalti e comezou a atacar con máis claridade e gañas, foron chegando os goles visitantes  e alternándose xogadas con perigo en ambas as portarías ás que os porteiros respondían con boas intervencións. Acabouse o partido na área local cos ponteses pedindo a hora e os aresanos acariñando o empate.
Ao final quedou demostrado que se o Numancia amosara máis esforzo desde o principio o resultado final podería ser outro moi distinto.



 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.