Inicio Noticias Cadetes CADETES: NUMANCIA, 9 - EFG CARANZA, 1.
 
 

CADETES: NUMANCIA, 9 - EFG CARANZA, 1.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011-2012. Numancia 9 - EFG Caranza 1. Prados Vellos 04/02/12Máis goles que xogo

Vitoria por 9 a 1 do Numancia fronte á Escola de Fútbol do Galicia de Caranza, nun partido con máis goles que xogo. Ao descanso chegouse con vantaxe local por 2 a 0.

Prados Vellos 04 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Agustín (Kike 41´), Sergio (José Manuel 48´), Alberto, Brais (Óscar 54´), Novoa (David Gil 54´), Darío, David, Miguel, Ángel, Miguelito e Iván.

EFG CARANZA: Fojo, Gabriel, Arojo, Rafa (Jorge 41´), Ismael (Eiriz 41´), Dani, Alberto, Labisbal, Alexander (Carlos 41´), Diego e Álvaro.

COLEGIADO: Francisco López Gómez. Si amoestacións.

GOLES: Dani para a E.F.G. Caranza. Ángel (5), Miguelito(2) e David López (2) para o Numancia.

 

 

1 – 0: David (min. 22). Balón en longo de Darío que un defensa visitante envía cara propia porta, o porteiro rexeita e David López aproveita para marcar dende o borde da área.

2 – 0: Ángel (min. 24). Xogada que parte en medio campo de Andrés Novoa que mete en profundidade a David López, este no pico da área fai una parede con Miguelito que lle pon o balón en longo para que David chegando ata a liña de fondo centre e aproveite o pase Ángel case que baixo paus.

3 – 0: Ángel (min 45). Balón que chega a Ángel  no centro da área i este revolvese para anotar o tanto.

4 – 0: Ángel (min. 52). Asistencia de Miguelito dende o pico esquerdo da área para que Ángel anote dende preto do punto de penalti.

5 – 0: David (min. 64). Xogada persoal de David que entra en paralelo á frontal da área dende a dereita e preto da media lúa envía á esquerda do porteiro visitante.

5 – 1: Dani (min. 73). Balón cara á área local que non pode suxeitar Kike, o rexeite o aproveita Dani para anotar o gol visitante.

6 – 1: Miguelito (min. 76). Pase de Iván en profundidade pola esquerda para Miguelito que dende o pico esquerdo entra en horizontal e cruza o balón á esquerda do porteiro visitante.

7 – 1: Miguelito (min. 79). Centro dende a dereita de David López cara a área para que Miguelito entrando dende a esquerda marque o seu segundo gol.

8 – 1: Ángel (min. 81). Xogada similar ó terceiro tanto tamén obra de Ángel. Balón que lle chega  o borde da área e avanzando un pouco resolve en gol.

9 – 1: Ángel (min. 82). Ó igual que no cuarto tanto un centro de Miguelito dende a esquerda chega a Ángel, que esta vez un pouco máis escorado á dereita do punto de penalti anota o seu quinto tanto.

A pesar do resultado tan abultado o xogo dos locais non foi bo. No primeiro tempo abusouse do pelotazo e as decisións que se tomaron foron case sempre erroneas, con erros á hora de materializar as oportunidades. Cando podían tirar a porta buscaban o pase e cando se necesitaba a combinación na xogada se buscaba a individualidade ou o disparo dende lonxe.

A segunda metade foi algo mellor, pero se seguiron a cometer moitos erros, sobre todo na finalización das xogadas. Os goles foron caendo máis por facilidades do rival que por mérito nas xogadas de ataque. Defensivamente foise aguantando frente a un rival que non inquietou moito.

En resumo, un partido frouxo por parte dos dous equipos con xogo embarullado e con moitas faltas e contactos que o árbitro non foi quen de cortar. Gañou o Numancia que dispuxo de máis oportunidades e concedeu menos erros en defensa.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.