Inicio Noticias Cadetes CADETES. PORTUARIOS "B" 2 - NUMANCIA 3.
 
 

CADETES. PORTUARIOS "B" 2 - NUMANCIA 3.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. Portuarios Frouxo encontro e remontada a balón parado.
O Numancia conseguiu gañar ao Portuarios B por 2 a 3 despois de ir por detrás do marcador durante gran parte do partido.  Cun xogo frouxo e pouca efectividade os goles foron logrados en tres faltas ao bordo da área. Ao descanso chegouse con vitoria local por dous tantos a un.
 

A Gándara 28 de xaneiro de 2012.

ALINIACIONS:

PORTUARIOS “B”: Julián (Manuel Mouriz 66´), Cancio, Márquez (Oscar Castro 58´), Nestor, Rascado, Javi, Adri Vázquez, Alex González, Alex Domínguez, Xoan (C) e Hugo.

NUMANCIA: Roberto (Kike 41´), Brais, Alberto (C) (Miguelito 35´), Adrián, Novoa, Miguel, David, José Manuel (Saavedra 55´), Angel, Marcelo (Sergio 41´) e Ivan.

COLEXIADO: Jeisson Andrés Aguado Castaño. Amoestou a David polo Numancia.

GOLES:

1 – 0: Xoan (min. 6).
1 – 1: Angel (min. 21).
2 – 1: Xoan (min. 28).
2 – 2: David (min. 51).
2 – 3: David (min. 70).

 

 

Os locais deixaron a iniciativa ao Numancia e esperábano no medio campo. Os de Ares buscaban as costas da defensa local e chegaban a pisar área pero non concretaban as ocasións.

No minuto 6 unha saque desde área propia de Roberto chega a medio campo e un erro de recepción dos visitantes permite a Xoan sorpender cun disparo afastado que abre o marcador. (1-0).

O Numancia seguía buscando os balóns en longo para sorprender á defensa local e xerábanse ocasións. Así no minuto 21 unha falta ao bordo da área é executada por David que pasa a Iván no punto de penalti, o disparo de Iván rexéitao a meta local e Angel envía o rexeite ao fondo da rede establecendo o empate. (1 - 1)

No minuto 28, unha nova perda de balón dos visitantes permite novamente a Xoan aproveitar o agasallo e adiantarse no marcador (2-1).

Con vitoria local chegaríase ao descanso. Frouxo primeiro tempo do Numancia que desaproveitou as oportunidades de gol e pagou caro os erros defensivos.

Na segunda metade seguiuse atacando sen moito acerto ata que no minuto 51, unha nova falta ao bordo da área é aproveitada por David que a executa con acerto pegando o balón ao pau que tapaba a barreira.

Finalmente conseguiríase remontar o encontro grazas a unha nova falta ao bordo da área no minuto 70. David execútaa rasa e a barreira salta deixando pasar o balón ante o que nada pode facer o meta local.

O Numancia non mostrou a súa mellor cara e a pesar de xerar ocasións só foi capaz de anotar grazas á efectividade a balón parado. O único positivo foi o resultado e os tres puntos. No negativo ademais do frouxo xogo hai que mencionar as lesións de Alberto  e Marcelo que se suman a Martín á lista de baixas. Ós tres lles desexamos unha pronta recuperación e  que poidan estar pronto dispoñibles para o adestrador. 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.