Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 0 - G. CARANZA, 5.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 0 - G. CARANZA, 5.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. Numancia 0 - G. Caranza 5. Prados Vellos 21/01/12.Resistiuse 37 minutos.

Derrota do Numancia ante o primeiro clasificado do grupo, o Galicia de Caranza. Os de Ares  aguantaron ben o primeiro tempo pero foron superados na segunda metade da contenda.

Prados Vellos. Ares 21 de xaneiro de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Agustín (Roberto 41´), Novoa (Sergio 51´), Alberto, Iván, Adrián, José Manuel (Andrés 59´), Darío, Miguelito (Miguel 46´), Ángel, David e Marcelo.

G. CARANZA: Álvaro, Javi, Moisés, Alejandro, Amado, Pablo, Alex (Dani 41´), Jorge (Taboada 56´), Artai, Brais e Isma.

COLEXIADO: Telmo Pérez Vázquez. Amoestou a Alberto e Darío polo Numancia.

GOLES:
0 – 1: Artai (min. 37).
0 – 2: Dani (min. 47).
0 – 3: Isma (min. 57).
0 – 4: Artai (p.) (min. 65).
0 – 5: Isma (min. 69).

 


O Numancia saíu con modificacións tácticas para reforzar a defensa e controlar a un rival ao que non se podía dar ningunha vantaxe.
A formulación local foi acertada, os visitantes atascábanse no medio campo e  cando rompían ese cerco a defensa aresana con rapidez e acerto neutralizaba o perigo.
O Numancia sufría, pero aguantaba a súa meta a cero e achegábase á contra pero sin concretar.
Así foi ata o minuto 37 onde un erro no medio campo local permite un roubo de balón por parte dos visitantes e un envío rápido ás costas da defensa que aproveita Artai para bater a Agustín (0-1). O gol deixou tocados aos locais que vían como a pesar do esforzo marchábanse en desvantaxe ao descanso.
No segundo tempo as forzas empezaron a fallar e os locais perderon a concentración do primeiro tempo. Aos sete minutos da continuación, un cambio de xogo desde o centro do campo esquerdo visitante cae ás costas da defensa local e entrando desde a dereita Dani entra na área e bate a Roberto (0-2). Os locais modifican as posicións dalgúns dos seus xogadores para tratar de acurtar  distancias, pero a superioridade visitante vaise facendo cada vez máis  evidente.
No minuto 57 chega o golpe definitivo nunha entrada por banda esquerda con centro á área e remate de Isma para pór o 0-3.
O partido pasou a estar controlado totalmente polos visitantes mentres os numantinos apenas inquietaban a meta de Álvaro.
No minuto 65 Artai de penalti  poría o 0-4, e no 69 sería Isma novamente quen ao aproveitar un centro desde a dereita marcaría o 0-5 definitivo. Os locais chegaron con algún perigo pero coma acontecera na primeira parte non atoparon a claridade de ideas para materializar algún tanto.

En resumo, unha primeira parte onde o Numancia resistiuse e plantou cara,  e unha segunda parte onde o Galicia demostrou ter máis oficio,  xogo e acerto superando aos locais. 
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.