Inicio Noticias Cadetes CADETES. NARON, 5 - NUMANCIA 2.
 
 

CADETES. NARON, 5 - NUMANCIA 2.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. Narón 5 - Numancia 2. O Cadaval 17/12/11.Derrotados polos propios erros.
Os cadetes caeron derrotados na súa visita ó campo de O Cadaval en Piñeiros, Narón ante o equuipo local por 5 tantos a 2 en partido da 3ª xornada de liga. No descanso o marcador era de empate a dous tantos. 

O Cadaval (Narón) 17 de decembro de 2011.

ALIÑACIÓNS:

NARON: Dani, Bruno Sande (Martín 64´), Arturo (Edu 40´), Alex, Álvaro, Bruno Nodar, Joshua, Gabriel (Bruno Castro 54´), Adrián, Sanjurjo (Diego 64´) e Aitor (Luís 64´).

NUMANCIA: Roberto, Brais (Angel 59´), Alberto, José Manuel (Sergio 66´), Adrián, Marcelo, Martín, Miguel (Novoa 54´), Ivan, David e Miguelito.

COLEXIADO: Eduardo Pereira Dobarro. Amoestou a Brais, Alberto e Sergio do Numancia.

GOLES:

Narón: Alex, Álvaro, Joshua, Luís e Alberto(p.p.).

Numancia: Adrián e Martín

 GOLES:
1 – 0: Alex. Falta dende a dereita perto da esquiña que remata o dianteiro local anticipandose á defensa dende o punto de penalti.
2 – 0: Álvaro. Falta dende a esquerda na metade do campo aresan que executa directamente o xogador local para batir por alto a Roberto.
2 – 1: Adrián. Falta que saca dende a dereita Miguel e Adrían remata entrando dende atrás ó borde da área pequena.
2 – 2: Martín. Xogada elaborada con saque de falta dende a banda dereita na metade do campo de Alberto hacia Brais. Iternada en horizontal de Brais que envía a Iván, devolución a Brais, pase a David na media lua e pase cara atrás a Martín que dispara dende o borde da área anotando o empate a piques de rematar o primeiro tempo.
3 – 2: Joshua. No comenzo do segundo tempo, erro defensivo aresán que propicia a unha entrada por banda dereita, chegada ata a área pequena desbordando por velocidade á defensa visitante e batindo o meta numantino.
4 – 2: Alberto (propia meta). Perda de balón do numancia que facilita un centro dende de a dereita dun dianteiro local que Alberto envía a propia meta no primeiro pau.
5 – 2: Luís. Perda de balón en medio campo que aproveita  o dianteiro local.

 A primeira parte con chegadas perigosas do Numancia que non foi quen de concretar, os locais aproveitaron duas faltas para poñerse por diante no marcador. A pesar do resultado os de Ares seguiron insistindo e conseguiron empatar a piques de rematar o primeiro tempo.

Na segunda metade, o tempraneiro gol local precedido dun claro erro visitante fixo que o Numancia non se amosara con a misma confianza que na primeira metade e dous novos erros facilitaron os goles localis que si aproveitaban as súas ocasións. Non así os visitantes que dispuxeron de boas oportunidades pero unhas veces o acerto do portiero local e outras os erros dos dianteiros aresáns fixeron imposible anotar neste segundo período.

O resumo do encontro está en que as oportunidades non se poden perdoar e os erros acabanse pagando caro, en esta ocasión os erros numantinos en defensa vironse acompañados de erros na definición deixando o encontro cun resultado negativo cando no xogo de ambos consxuntos non se apreciou tanta diferencia.

Agora, parón ligueiro ata o 21 de xaneiro, demasiado tempo parados. So queda aproveitar este descanso e vir con novos folgos para seguir a competición.

! Felices Festas a todos. ¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.