Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 9 - MIÑO, 0.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 9 - MIÑO, 0.

ADR Numancia de Ares, Cadetes 2011- 2012. Numancia 9 - Miño 0. Prados Vellos 10/12/11.Vinte minutos intensos.

Vitoria dos cadetes do Numancia no seu segundo encontro de liga frente o equipo do Miño por 9 a 0 en Prados Vellos. No descanso o tanteador xa era de 5 a 0.

Ares 10 de decembro de 2011.

ALINIACIONES:
NUMANCIA: Roberto (Agustín 40´), Brais (Martín 40´), Alberto, José Manuel, Sergio, Andrés Saavedra, Miguel, Ivan, Miguelito (Adrián 40´), David e Andrés Novoa (Marcelo 40´).

MIÑO: Diego, Elias, David, Nelson, Pablo, Carlos, Jony (Pedro 57´), Ivan, Doural, Brais e Casas.

COLEXIADO: Álvaro García Santaeufemia. Sin amoestacións.

GOLES: Iván (5), Alberto (2), Miguelito e Andrés Saavedra



1 – 0 Iván (min. 7). Balón dende a defensa local que chega a Iván quen internandose na área bate o porteiro visitante.

2 – 0 Iván (min. 15). David pon un balón ás costas da defensa visitante que recepciona Iván quen dibla a un defensor e bate novamente o meta do Miño.

3 – 0 Iván (min. 17) Xogada similar ao do segundo tanto, David asiste novamente a Iván que lixeiramente escorado á dereita do punto de penalti cruza á esquerda para batir a Diego.

4 – 0 Miguelito (min. 20) Iván recupera un balón en medio campo e abre o xogo a esquerda cara a David que centra cara a área para que Miguelito chegando dende atras consiga o cuarto tanto dos locais.

5 – 0 Iván (min. 22) Nun calco do segundo e terceiro tanto, novamente David pon o balón a Ivan que ahora bate polo pau corto ó meta rival.

6 – 0 Alberto (min. 49) Saque de esquiña dende a esquerda do ataque local e despois de varios rexeites o balón chega a Alberto que remata dende a área pequena.

7 – 0 Alberto (min. 54) Desplazamento longo de Martín desde campo propio de esquerda a dereita para a entrada de Alberto en diagonal que anota sobre a saída do porteiro perto do borde da área.

8 – 0 Andrés Saavedra (min. 58) Entrada pola esquerda de Marcelo ata a liña de fondo con pase a Iván que estrela o balón no longueiro, o rexeite empurrao case baixo paus Andrés Saavedra.

9 – 0 Iván (min. 69) Unha vez máis a sociedade David - Iván permite ó primeiro asistir mediante un pase interior a Iván que novamente anota.

O partido durou 22 minutos, en ese espacio de tempo os locais xogaron ben chegando con perigo a meta de Diego e conseguiron anotar os cinco primeiros tantos. A partir do quinto tanto ata o descanso os locais relaxaronse e comenzaron a estar faltos de acertos nos pases e con algún erro defensivo que os visitantes non souberon aproveitar.

O segundo tempo comenzou con algo de mellor ritmo pero a medida que os goles chegaban o equipo local xogaba sen intensidade e os visitantes sen baixar definitivamente os brazos non estaban acertados en provocar perigo na meta de Agustín.

En resumo, un partido que foi intenso os primeiros 22 minutos entre un Numancia que dispuxo de moitas ocasións e un Miño voluntarioso pero que nunca chegou a poñer en apuros ós locais. Destacar a efectividade goleadora de Iván, a visión no último pase, con cinco asistencias, de David e as meritorias paradas do meta visitante Diego.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.