Inicio Noticias Cadetes CADETES. R. SAN PEDRO, 2 - NUMANCIA, 4
 
 

CADETES. R. SAN PEDRO, 2 - NUMANCIA, 4

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. R. San Pedro 2 - Numancia 4. A Gándara 3/12/11.Comenzo de liga prometedor.
Comenzou a liga de cadetes e o equipo do Numancia conseguiu voltar cós tres puntos do partido disputado o sábado na Gándara en Ferrol ó gañar por 2 a 4 ó Racing San Pedro. O descanso chegouse con empate a un tanto.

 


A Gándara (Ferrol) 3 de decembro de 2011.

ALINIACIONES:
R. SAN PEDRO: Jonatan (Fran 41´), Carlos, Cillero, Marcos, Julián, Luís, Alberto, Iván (Orois 56´), Miguel, Dani e David (Kone 74´).

NUMANCIA: Kike (Roberto 41´), Brais (Andrés Saavedra 58´), Alberto, Adrián, Jose Manuel (Sergio 71´), Marcelo, Martín, Miguel (Angel 50´), Novoa, David e Miguelito.

COLEXIADO: Enrique Larrosa Pérez. Amoestou a Carlos, Dani, David, Fran e Jesús (adestrador) do R. San Pedro. Polo Numancia a Alberto, Martín e Miguelito.

GOLES:
R. San Pedro: Alberto e Miguel.

Numancia: Martín (2), Ángel e David.

0-1: ( 7') Balón que chega a Martín en metade de campo rival, avanza cara ó area e dende a frontal cruza un forte disparo á dereita do meta local que non pode facer nada por impedir o tanto visitante.

1-1: ( 9') Balón ás costas da defensa visitante que aproveita Alberto para encarar a Kike e cruzar o balón na súa saída conseguindo anotar o empate.

2-1:(47') Balón por banda esquerda do ataque local que permite asistir dentro da área a Miguel quen anota de tiro raso axustado ó pau esquerdo da meta de Roberto.

2-2:(61') Saque de esquiña de David que Martín remata ó fondo da rede igualando o encontro.

2-3:(76') Entrada pola dereita de Ángel que chega á liña de fondo dando un pase cara atrás para que David dende dentro da área pequena consigua adiantar ós visitantes.

2-4:(78') Xogada paredida á do gol anterior, esta vez entrada pola esquerda con asistencia de Andrés Novoa hacia Ángel que anota o definitivo 2-4.

Encontro moi igualado nunha tarde pechada de auga e con iluminación artificial na que o Numancia foi quen de dar conta dun difícil rival. O primeiro tempo foi equilibrado con ocasión para ambos conxuntos e donde o gol inicial do Numancia foi neutralizado axiña polos locais. A segunda metade foi inicialmente do San Pedro que ademáis do tanto inicial que os adiantaba, dispuxo de boas ocasión para deixar sentenciado o encontro, pero pouco a pouco os de Ares foron tomando as rendas do encontro e acadaron o empate para conseguir remontar ata lograr esta importante vitoria. Vitoria  que foi sufrida posto que o San Pedro pelexou ata o último minuto o que ainda da máis valor á mesma..

O encontro foi moi disputado como indica a alternancia no marcador e as sete amoestacións que o colexiado amosou. O Numancia non baixou os brazos cando máis apretaron os locais e  xogou concentrado sabendo sufir fronte a un rival que o puxo moi difícil, non hai que esquencer que os ferroláns foron semifinalistas de copa.

En resumo bo inicio de liga para os numantinos, ahora esperar que o grado de intensidade e compromiso amosado este sábado persista ó longo do campionato.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.