Cadetes: Numancia, 3 - G. Mugardos, 3

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. Copa. Numancia, 3 - Galicia de Mugardos, 3. Prados Vellos. AresRemate en taboas.

Repartición de puntos entre Numancia e Galicia no encontro de rivalidade correspondente á 9ª xornada de Copa. Os de Mugardos chegaron ao descanso con vantaxe de 1 a 2 e os locais remontaron até conseguir a igualada a tres.

Prados Vellos, 5/11/2011

Aliñacións:

Galicia de Mugardos: Alex, Jesús (Joao 41'), Borja, Carlos (Jorge 41'), Nacho, David, Bruno (Roberto 56'), Joel, Alexis, Javier(Alberto 69') e José A.

Numancia de Ares: Roberto (Kike 41'), Marcelo, Alberto, Darío, José Manuel ( A. Saavedra 48'), Martín, David, Miguel (Ángel 41'), Iván, Adrián e Miguelito( A. Novoa 41')

Arbitro: D. Rodrigo Serrano Naveiras de Ferrol, amoestou con cartón amarelo a Borja e Nacho do Mugardos, este último en dúas ocasións sendo expulsado no minuto 74.

Goles: Nacho (2) e Borja para o Mugardos e Alberto, Iván e A. Novoa para o Numancia.

 

0-1 ( 9'). Falta desde a dereita que executa Borja e sorprende a Roberto no primeiro pau.
1-1 (28'). Falta desde a frontal da área que executa Alberto e o rexeite do meta visitante aprovéitao Iván para empatar o encontro.
1-2 (32'). Nova falta desde o bordo da área que executa Nacho raso e ao pau do porteiro sorprendendo novamente a Roberto.
1-3 (41'). Falta na esquerda á altura do medio campo que envía á área Nacho, o balón bota e entra pegado ao pau sorpendendo a Kike.
2-3 (58'). Saque de banda pola dereita de Marcelo a Martín este internase e envía á área para que A. Novoa cruze o balón na saída do porteiro.
3-3 (65'). Balón que pon David desde a dereita á área e Alberto envía ao fondo da rede.

Partido na matinal do sábado e do mesmo xeito que no partido de ida os de Mugardos saíron con máis forza física, os locais podían controlar o xogo pero cometeron demasiadas faltas innecesarias preto da área. O Galicia xeraba perigo a balón parado, pero os goles foron froito máis dos fallos locais que acertos visitantes. Os locais chegaron con perigo pero fallaron ocasións moi claras.
Na segunda metade novo erro local e gol visitante,  a partir de aí melloría no xogo local e chegadas con perigo até conseguir igualar a contenda. A expulsión de Nacho a falta de 7 minutos para o final fixo pensar na remontada total, pero ao final chegaríase con empate a tres goles.
Finaliza así a copa para o Numancia que deixa unha pobre imaxe, dúas vitorias fronte o Miño e un empate ante o Galicia de Mugardos. Agora un pequeno parón e a disputar o torneo de liga onde esperemos que os numantinos mostren unha mellor imaxe.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.