CADETES. ORTIGUEIRA, 4 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. Ortigueira 4 - Numancia 2. San Claudio. 15/10/11.Boa sensación a pesar da derrota.

O Numancia caeu derrotado no campo do Ortigueira por 4 a 2  na 6ª xornada da Copa Local de Cadetes pero amosou unha mellor cara que encontros anteriores. Ó descanso chegouse con vitoria local por 1 a 0.

San Claudio (Ortigueira) 15 de ocubro de 2011

ALIÑACIONS:
ORTIGUEIRA: David, Cristián, Diego (Manu 58´), Brais (Carlos 65´), Rubén, Rubiños, Borja (Adrián 54´), Antonio, Villasuso (Javi 47´), Álvaro e Luís (Antón 40´).

NUMANCIA: Roberto (Kike 40´), Marcelo (Andrés Saavedra 65´), Alberto, Adrián, Sergio (José Manuel 40´), Miguel, Andrés Novoa (Miguelito 57´), Martín, Ivan, David e Angel (Brais 60´).

COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol). Amonestou a Antonio do Ortigueira e a Miguelito do Numancia. Expulsou a Dani (adestrador) do Numancia.

GOLES:
Ortigueira: Antonio (2) e Álvaro (2).

Numancia: Ángel e David.

 

O encontro presentouse moi igualado na primeira metade con xogadas de perigo por ambos equipos. O Numancia domiñou en varias fases do primeiro tempo o centro do campo pero non chegou a concretar ningunha ocasión. O equipo local chegaba con perigo nas contras e no minuto 34 dispuxo da ocasión máis clara para anotar a saída dun 'corner' que a defensa aresana saca baixo paus. Un minuto máis tarde un balón ás costas da defensa aresana, que estaba saindo a medio campo, é aproveitado por Antonio para batir a Roberto e poñer o 1 a 0 no marcador. Así finalizou a primeira metade na que os dous equipos competiron ben.

O inicio do segundo tempo foi visitante, chegadas con perigo e gol no minuto 44 para igualar a contenda. Un centro de David é aproveitado por Ángel para batir ó meta local. O gol fixo que os aresans se votaran arriba e Martín mandou un balón ó longueiro no 48. No minuto 50, falta o bordo da área sobre David que executa el mesmo maxistralmente batindo ó porteiro polo seu pau i establecendo o 1 a 2. O Ortigueira tamén chegaba a contra e Kike interviu nun par de ocasións con moito acerto.

No minuto 64 producese unha das xogadas chave do encontro , Iván encara en solitario ó meta local. O porteiro rexeita o balón que volve a petar en Iván e vai cara a porta en solitario, pero o árbitro interpreta mán do dianteiro aresán. A xogada foi moi portestada polo banco visitante.

No 66 unha perda de balón en metade de campo do Numancia permite prantarse en solitario a Álvaro diante de Kike e batilo empatando o encontro. O Numancia acusou o golpe posto que de poder ir 1-3 dous minutos antes, viuse có encontro empatado.

No minuto 74 nova xogada polémica, unha contra do Ortigueira permite a Antonio anotar o 3-2. Os visitantes reclamaron fora de xogo do xogador local e como consecuencia das protestas reiteradas o colexiado amoestou con dobre cartón amarelo o técnico aresán.

Os visitantes viñeronse un pouco a baixo e no minuto 76 Álvaro estableceu o 4-2 definitivo.

En resumo un encontro limpo e disputado por ambos bandos cun Ortigueira máis acertado cara a porta e con máis sorte que os numantinos. No positivo para os aresáns o cambio de actitude no campo que deixaron unha boa impresión na visita a San Claudio.

Para ver a crónica e fotos da WEB do Ortigueira PICA AQUI.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.