Inicio Noticias Cadetes Cadetes: Galicia de Caranza, 6 - Numancia, 2
 
 

Cadetes: Galicia de Caranza, 6 - Numancia, 2

Apatía.

O Numancia caeu derrotado novamente na segunda xornada da copa na súa visita a Caranza deixando una imaxe preocupante. Ó descanso chegouse có resultado de 3-1 para rematar o encontro con un contundente 6-2.

Caranza, 24 de setembro de 2011.

Alineacións:

Galicia de Caranza: Alex Doce (Dopi 67'), Dani Romero, Javi, Jandro, Moi, Carlos, Pablo, Jorge, Artai, Brais (Dani Díaz 52'), e Isma (Alex Martínez 57').

Numancia de Ares: Agustín (Kike 41'), Marcelo ( Andrés Saavedra 57'), Alberto, Martín, Adrián, Sergio (José Manuel 47'), Miguelito, Andrés Novoa ( Miguel 41'), Ángel (Brais 56'), Iván e David.

Árbitro: D. Álvaro García Santaeufemia, amoestou con tarxeta amarela ó xogador do G. Caranza Brais.

Goles: Isma (2), Artai (2), Pablo e Jorge polo G. Caranza e Iván (2) polo Numancia.

 

1-0 (10') Erro en cadea de toda a defensa visitante que permite que o balón pase de esquerda a dereita por Brais, Artai e finalmente Pablo que dende preto do área pequena bate a Agustín.

2-0 (23') Perda de balón en medio campo do Numancia que permite ó equipo local poñer un balón ás costas da defensa visitante para que resolva finalmente Artai.

3-0 (29') Cento dende a esquerda que a defensa visitante despexa con atrancos, o balón chega á banda dereita e o dianteiro local pon un centro ó segundo pau para que Isma remate de cabeza anotando o terceiro tanto.

3-1 (34') Balón en longo a Ángel que é detido en falta o bordo do área esquerdo. A falta a executa Iván enviado o balón o pau da barreira facendo imposible a estirada do meta local.

4-1 (42') Balón que dende o medio campo a dereita é enviado a espalda da defensa sobre a banda esquerda, a entrada de Isma en carreira remata ante a saída de Kike.

5-1 (44') Entrada por banda dereita de Jorge que chega ata preto do poste superando a defensa e batindo a Kike novamente.

5-2 (64') Combinación polo centro entre Miguel e Iván que facendo una parede chegan ata o punto de penalti donde Iván anota o seu segundo tanto ante a saída do meta local.

6-2 (67') Xogada similar ó 4-1 balón de dereita a esquerda a espalda da defensa i entrada en carreira de Artai para índose cara o centro anotar ante a saída de Kike.

Vitoria xusta do Galicia de Caranza ante un Numancia apático. O Galicia de Caranza movía o balón rápido e poñía balóns en longo a espalda da defensa Numantina que estivo, coma todo o equipo, lenta e imprecisa. A rapidez con a que os dianteiros locais saían foi fundamental para romper a defensa visitante e gañar o encontro. Mentres que os locais eran contundentes, rápidos e precisos en todas as facetas do xogo os numantinos tiñan dubidas ó defender, saían lentos, con pases imprecisos e permitían ós locaís repregarse e recuperar o balón.
Ás poucas veces que se conseguiu rapidez e precisión no xogo por parte dos aresáns conseguíuse unha falta que sería o primeiro gol i unha xogada moi ben trenzada que remataría no segundo.
En resumo pouca disposición dos numantinos, lentos, imprecisos coma sen gañas de xogar que se viron superados por un conxunto con máis disposición.

  Crónica e imaxes na web do Galicia de Caranza.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.