CADETES: TROFEO "LAR DE PICAS". NUMANCIA, 9 - G. MUGARDOS, 2.

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. Trofeo O Lar de Picas. Numancia, 9 - G. Mugardos, 2. Prados Vellos.O Trofeo quedou na casa, grazas ó bo xogo dos locais.

O Trofeo o Lar de Picas de Cadetes foi para o Numancia de Ares ó imporse por 9 a 2 ó Galicia de Mugardos grazas ó xogo en equipo buscando combinacións.

Ares, 3 de setembro de 2011.

Numancia de Ares: Agustín, Marcelo, Alberto, Adrián, Sergio, Martín, David, Miguelito, Ángel, Iván e Andrés Novoa.Tamén xogaron: Roberto, Kike, Miguel, José Manuel, Brais e Andrés Saavedra.

Galicia de Mugardos:  Bruno, Alejandro, José Freijomil, Joao, Jesús, Jorge, Joel, Nacho, Borja, David Vila e Tomás. Tamén xogou: Roberto.

Arbitro: D. Daniel Calderón Pérez da Delegación de Ferrol.

Goleadores: Iván(2), David(2), Sergio, Alberto, Miguelito, Brais e Marcelo para o Numancia. Nacho e Alejandro para o G. Mugardos.
 

 

Goles:
0-1. min.  7. Nacho de forte disparo dende o pico da área no ataque esquerdo do Galicia que sorprende a Agustín.
1-1. min.  8. Balón que chega a Sergio que dende a parte esquerda na metade de campo rival dispara por alto facendo inútil a estirada de Bruno.
2-1. min. 22. Ángel intérnase na área i é derrubado por dous defensas mugardeses, o árbitro sinala pena máxima. Executa o penalti David.
3-1. min. 38. "Corner" que saca David dende a dereita do ataque local. Tras unha serie de rexeites o balón chega a Alberto, que de cabeza anota o tanto.
4-1. min. 40. Centro dende a dereita en medio campo rival de Adrián e remate de cabeza tirandose en prancha de Iván.
5-1. min. 47. Balón aberto a banda dereita de Martín hacia Marcelo, internada na área e disparo de éste con rexeite do porteiro que aproveita Miguelito para marcar dende o punto de penalti.
6-1. min. 61. Nova apertura de Martín a Marcelo que volve a internarse na área e consigue anotar cruzando o balón o segundo pau na saída do porteiro.
7-1. min. 65. Unha nova entrada por banda dereita, esta vez realizada por Andrés Saavedra que chega á liña de fondo e pon un bó centro para que chegando dende atrás Brais só teña que empurrar o balón á meta rival.
8-1. min. 67. Balón na frontal do área que recolle David e dispara a porta, o balón toca levemente nun defensa e acaba na meta visitante.
8-2. min. 71. Falta sobre a meta local que Kike rexeita pero no rechace Alejandro acurta distancias no marcador.
9-2. min. 80. David entra pola dereita e pon en largo dentro da área un balón para Iván que en carreira se adianta ós defensas e bate ó porteiro visitante deixando o marcador definitivo de Numancia 9 - Galicia de Mugardos 2.

O encontro tivo un primeiro tempo máis disputado ainda que ás mellores ocasións foron para o equipo local. Os de Ares trataron en todo momento de xogar o balón e participar facendo un xogo de equipo. Enfronte, o conxunto mugardés tentou xogar pero veuse superado en moitas facetas do xogo polos locais.
Os visitantes adiantaronse no marcador con algo de fortuna pero axiña os locais igualaron en similares circunstancias. O gol sobre o límite de tempo para poñer o 4-1 no marcador ó descanso pesou nos visitantes.
O segundo tempo foi de dominio claro local que controlaron en defensa ó rival e atacaron sobre todo por banda dereita con moitas chegadas de perigo. Ainda así o meta local Kike tivo que intervir  con acerto nun par de ocasións. Na porta visitante tamén o meta do Galicia Bruno tivo que emplearse a fondo con algunha intervención de mérito.
En resumo un partido limpo donde os de Ares, dirixidos por Dani e Oli, estiveron mellor que os visitantes cun fútbol ilusionante.

Ó remate entrega de trofeos a cargo do concelleiro de deportes José Juan Vilar e Picas ós capitáns dos Galicia e Numancia respectivamente.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.