Inicio Noticias Cadetes CADETES. SORTEOS DE LIGA E COPA
 
 

CADETES. SORTEOS DE LIGA E COPA

COMEZA A TEMPORADA COA COPA

G. Mugardos, Ortigueira, G. Caranza e Miño son os rivais do Numancia na competición de copa que comezará o 17 de setembro.
Ares, 17 de agosto de 2011
Onte á tarde celebráronse no local da delegación ferrolá de fútbol os sorteos correspondentes de liga e copa da temporada 2011-12.
 
Esta temporada a comarca ferrolá presenta 21 equipos de categoría cadete nunha competición de liga que comezará o 4 de decembro e rematará o 12 de maio. Os dous grupos da segunda autonómica cadete quedaron formados polos seguintes equipos:
 
Grupo 4º: Ortigueira, Cedeira, San Sadurniño, Meirás, Ánimas, Val, G. Mugardos, Neda, Maniños, Eume e R. San Pedro B.
 
Grupo 5º: R. San Pedro A, Narón, Escola G. Caranza, Perlío, Portuarios B, Miño, Amistade Meirás, G. Caranza, Numancia e As Pontes.
 
A continuación celebrouse o sorteo de copa, competición que comezará o 17 de setembro. Nunha primeira fase, creáronse 4 grupos dos que sairán os equipos clasificados para semifinais.
Grupo A: Neda, Eume, Escola G. Caranza, Narón, R. San Pedro e Perlío
Grupo B: G. Mugardos, Ortigueira, G. Caranza, Numancia e Miño.
Grupo C: San Sadurniño, Maniños, R. San Pedro B, Amistade Meirás e As Pontes.
Grupo D: Ánimas, Val, Meirás, Cedeira e Portuairos B.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.