Inicio Noticias Cadetes CADETES. PORTUARIOS "B", 1 - NUMANCIA, 8.
 
 

CADETES. PORTUARIOS "B", 1 - NUMANCIA, 8.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011- Portuarios A SEMIFINAIS NUN PARTIDO ÉPICO.
A seriedade no terreo de xogo do equipo aresán desbordou a un Portuarios que apenas inquedou a meta numantina.

 

Aneiros (Ferrol) 21 de maio de 2011.

ALINIACIONES:
PORTUARIOS “B”: Daniel Rodríguez (Antonio 41´), Francisco Larrañaga, Alejandro, Sergio Peniza, Daniel Rivas (Aday 41´), Francisco Álvarez, Juan, Sergio Castro (Jorge 41´), Jaime (Andrés 47´), Raúl e Ismael (Roberto 57´).

NUMANCIA: Xaime, Ricardo (Cabana 66´), Juan, Pepe, Dario, Martín (Adrián 58´), Miguelito (Alberto 47´), Quique, Borja, David (Adri 55´) e Ivan (Deive 64´).

COLEXIADO: D. Juan Carlos Fernández Martínez (Delegación de Ferrol). Amonestóu a Daniel, Raúl e Jorge polo Portuarios “B” e a Juan polo Numancia.

GOLES:
Portuarios “B”: Jorge.
Numancia: Iván, Borja (4) e Quique (3).

 



Difícil e complicada papeleta a que tiñan hoxe os cadetes do Numancia. Primeiramente situemos os feitos, chegábase á última xornada da clasificación de Copa con tres equipos empatados a puntos, Portuarios “B”, Numancia e Narón. Ao Portuarios valíalle co empate ante os aresáns para quedar primeiros de grupo. O Narón pola súa banda xá cumprira, e na véspera goleaba ao Aspirantes por 10 - 2. E aos aresáns soamente lles valia a vitoria ante o Portuarios, pero ademais a goleada do Narón ante o Aspirantes, condicionaba as aspiracións do equipo numantino, pois tiña que vencer aos ferroláns por catro goles de diferenza. Con esta papeleta, pero con todas as gañas do mundo, e sen dar nada por perdido, presentábanse os cadetes no campo de Aneiros. Por certo, un campo que non tiveron a precaución de regar, o que provocaba o levantamento de moito po, como se pode apreciar nas fotos, e que en ocasións dificultaba a localización do balón.

Comezaba o encontro con dominio territorial dos aresáns que se porían por diante no marcador no minuto 6 a disparo de Iván, toca nun defensa e para dentro, 0 - 1. Tres minutos despois, un penalti sobre Borja que transforma Quique suporía o 0 - 2. As cousas pintaban ben, o partido estaba encarrilado, os de Ares eran os claros dominadores, tiñan a posesión e ao Portuarios encerrado no seu campo. No minuto 14 chegaría o terceiro, nesta ocasión Quique bota unha falta e ao fondo das mallas, 0 - 3. Todo era posible, os rapaces así o viron e continuaron coa mesma dinámica de xogo, todos estaban moi mentalizados e metidos no partido. No minuto 23 os de Ares desaproveitan unha gran oportunidade ao fallar un penalti. Pero esto non desmoralizou a os rapaces, e catro minutos despois Borja sorprende por alto ao gardameta local cun forte disparo desde fóra da área que supuña o 0 - 4. Quedaban quince minutos para o descanso, o máis difícil xa estaba feito, soamente había que mantelo. Todos tiñamos confianza, xogadores, corpo técnico, afeccionados. O Numancia estaba sendo superior, movía ben o balón, pelexaba, non daba balóns por perdidos, tiña o partido baixo a súa batuta, isto non se nos podía escapar. Tiveron os de Ares, neses quince minutos que restaban da primeira metade, ocasións para matar o partido, merecíano, pero non houbo sorte. Finalmente fómonos ao descanso co resultado coñecido de Portuarios “B” 0 - Numancia 4. Os de Ares estaban momentáneamente en semifinais.

Comezaba a segunda metade, e non podía comezar mellor, pois aos tres minutos internada de Quique polo lateral da área, pase atrás para Borja que dispara desde a semilua da área e cóaa por toda a escuadra, 0 - 5. E tres minutos despois, falta que colga Juan por detrás da defensa, contrólaa Borja e de vaselina supera a Antonio, 0 - 6, aos seis minutos da segunda metade. Aínda quedaba moito partido por diante, pero coa seriedade que estaban xogando os de Ares era difícil que o equipo ferrolán puidéseo pór en apertos. Viñeron minutos de relaxación, pero sen perder a compostura e a seriedade. Entraron os cambios, xente de refresco, para substituír a algúns xogadores cansos polo esforzo. O partido durmiuse un pouco, os de Ares tiñan os deberes feitos, só había que manter o traballo. No minuto 64 chegaría o sétimo, balón rexeitado da área local que empala Quique desde fóra da área e bate por baixo a Antonio, 0 - 7. No minuto 70, nun dos pouquiños erros defensivos da zaga aresá, Jorge faise co balón e bate a Xaime, 1 - 7. E xa co partido prácticamente rematado, un pase medido por encima da defensa de Deive sobre Borja, quen controla e bate de vaselina a Antonio, suporía o 1 - 8. Resultado definitivo co que se chegaría ao final do encontro.

En resumo gran partido dos de Ares, partido xogado con moita presión, pero que os rapaces foron quen de resolver con seriedade e solvencia. Aínda que se antolla un resultado algo curto a tenor da cantidade de ocasións das que se dispuxeron os de Ares. Pero en definitiva o que importa é a vitoria. Vitoria que supón o pase ás semifinais de Copa, nas que nos enfrontaremos a O Val, en partido a dobre volta. O partido de ida será en Prados Vellos o vindeiro sábado 28 de maio, e a volta no campo de O Sinde (O Val).

Esperamos para este partido a toda a afección envorcándose unha vez máis co equipo, como sucedeu este fin de semana en Aneiros, onde unha vez máis a Marea Vermella volveu gañar por goleada. Desde aquí damos as grazas a tod@s os que acudistes a Aneiros a animar ao equipo.

Esperámosvos o próximo fin de semana en Prados Vellos.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.