CADETES. NARON, 2 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Narón 2 - Numancia 1. O Cadaval.A INICIATIVA PARA O NARON E AS OCASIÓNS PARA OS DE ARES.
Os de Ares non tiveron a iniciativa, pero foron os que dispuxeron das ocasións, non as aproveitaron e deixáronse os tres puntos en Narón.


O Cadaval (Narón) 17 de maio de 2011.

ALINIACIONES:
NARON: Ivan, Álvaro, Brais, Dani (Soto 30´), Ioao, David (Adrián 58´), Martín (Francisco 40´), Yoshua, Christian Fernández, Germán, e Gabriel (Christian Dual 70´) .

NUMANCIA: Xaime, Migui, Juan, Dario, Adrián, Miguelito (Cabana 52´), Adri (Martín 40´), Pepe, Borja, Quique e David (Alberto 40´).

COLEXIADO: D. Diego Mato Sanmartín (Delegación de Ferrol). Amonestou a Germán e Gabriel polo Narón e a Miguelito polo Numancia.

GOLES:
Narón: Yoshua (52´) e Germán (72´).
Numancia: Quique (8´).

 



Primeira metade bastante aburrida polas poucas gañas que ambos equipos puxéronlle ao partido. Quizais algo máis de intensidade por parte dos naroneses que foron os que levaron o tempo do encontro. Os de Ares, bastante descolocados, e a pesar das poucas gañas que demostraron, con balóns longos foron os que dispuxeron das ocasións. A primeira no minuto un de xogo, no que o colexiado, nun clamoroso erro anula un gol legal a os aresáns. No minuto 8, Quique rouba un balón na frontal da área, intérnase e de disparo cruzado bate a Iván, 0 - 1. Disporía o Numancia doutras dúas boas ocasións nesta primeira parte para adiantarse pero non as aproveitarían. Como diciamos os naroneses puxeron as gañas e os de Ares as ocasións. Finalmente fómonos ao descanso con vitoria pola mínima do Numancia.

A segunda metade foi máis do mesmo. O Narón saíu máis metido no partido e os de Ares continuaban sen entrar en xogo. Aínda así, o Numancia disporía de ata catro clarísimas ocasións, Borja, Quique (2) e Pepe, para sentenciar o encontro. Pero hoxe non era o día. Os de Ares non aproveitaron as ocasións e os naroneses empataban no minuto 52. Pase en profundidade ás costas da defensa aresá que controla Yoshua, encara a Xaime e báteo de disparo cruzado igualando a contenda, 1 - 1.
No minuto 66 máis problemas para os de Ares, Quique lesiónase, non hai máis cambios no banco, os de Ares quedan con dez. Catro minutos despois os numantinos volven ver a luz, nesta ocasión en forma de penalti sobre Pepe, lanza él mesmo e desaproveita outra nova oportunidade para adiantarse no marcador. ¿Pero como e posible?, e o que nos preguntabamos todos. E no fútbol xa se sabe, cando perdoas terminas pagándoo, e iso foi o que lles sucedeu aos aresanos. Na xogada seguinte arrancada por banda do Narón, alcanzan a liña de fondo, pase atrás e Gemán só na área envía ao fondo das mallas, 2 - 1. E a can fraco todas son pulgas, pois ós de Ares aínda por riba de males, lesiónaselles Alberto no minuto 75 e o Numancia queda con nove. De aquí ata o final do partido, os de Ares non arroxaron a toalla, intentárono, pero con máis corazón que cabeza. Ao final os tres puntos para os naroneses nun partido, no que a falta de contundencia, a mala sorte de cara a gol e os lesionados sentenciaron a un Numancia, que a pesar de non atopar a súa posición no campo foi o que levou o perigo máis claro á portería.

O vindeiro sábado 21 de maio, ás 16:00 horas, no campo de Aneiros (Ferrol), ultimo cartucho do torneo de Copa. Ultimo cartucho que significa o continuar ou o rematar a tempada. Aos de Ares só lles vale a vitoria ante o rival, o Portuarios “B”, e esperar a ver que sucede no outro encontro ¨Narón – Aspirantes”, porque en caso de vitoria dos de Ares e dos naroneses habería un triplo empate, polo que decidirán os goles.

Ao Portuarios "B¨, válelles co empate para quedar primeiros de grupo, única praza que dá acceso ás semifinais. Polo tanto partido a vida ou morte para os dous equipos. Por iso contamos con toda a Marea Vermella para levar a bo porto esta aventura copeira.

Vémonos en Aneiros.

Recordade, sábado 21, ás 16:00 horas.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.