Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 - MIÑO, 0.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 - MIÑO, 0.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 3 - Miño 0. Prados Vellos.OS CADETES REMATAN A LIGA CON VITORIA.
Ultimo partido para rematar o campionato de liga da tempada 2010 - 2011 e no que os de Ares impuxéronse con claridade ao Miño.


Prados Vellos 7 de maio de 2011.

ALINIACIONES:
NUMANCIA: Xaime, Deive, Juan, Adrián (Migui 41´), Dani, Dario, Pepe, David, Borja, Miguelito (Ricardo 41´) e Roque.

MIÑO: Martín, Borja, Hector, Manuel, Pablo (Álvaro 48´), Fernando (Diego López 26´) (Diego Pena 57´), Jonathan, Miguel, César (David 66´), Daniel e Ivan.

COLEXIADO: D. Francisco Alejandro García Rodríguez (Delegación de Ferrol). Sen amoestacións.

GOLES: Borja (3).

 



Ultimo encontro de liga da tempada 2010 - 2011, no que o Numancia impúxose ante o Miño, nun partido con claro dominio dos de Ares. Desde o asubío inicial os aresáns apropiáronse da pelota e do terreo de xogo, xogando un partido serio, de toque e sen perder a compostura nos oitenta minutos. Aos once minutos de xogo, os locais púñanse por diante no marcador por medio dun forte disparo lateral de Borja, despois da saída dun corner, que rexeita o gardameta Martín, pero non pode evitar o gol. Catro minutos despois volvía repetir Boja, nesta ocasión desde fóra da área, cun disparo axustado á base do pau ante o que nada pode facer o gardameta visitante, 2 - 0. Con este resultado chegaríamos ao descanso, despois nunha monologa primeira parte dos de Ares.

A segunda metade foi máis do mesmo, aínda que neste período o Miño poría algo máis de intensidade e chegaría ata a meta aresá nalgunha ocasión, pero sen moito perigo. No minuto cincuenta e cinco, unha boa xogada de combinación dos de Ares con disparo final de Boja suporía o 3 - 0. Resultado co que se chegaría ao final do partido, a pesar das moitas ocasións das que dispuxeron os de Ares. Pero de novo, e ao igual de como sucedera no partido de ida en Gallamonde, as grandes intervencións do seu gardameta Martín salvaron ao seu equipo de encaixar máis goles. Sen dúbida hoxe foi un dos protagonistas do partido.

Ao final do encontro, e como despedida do campionato de Liga, os xogadores de ambos conxuntos deron conta dunha merecida merenda no local social do Club para repor forzas.

Con este partido dáse por pechada unha tempada máis de Liga. Unha tempada na que o equipo cadete do Numancia acadou a sétima praza da táboa con 36 puntos, logo de 30 xornadas desputadas, das cales gañáronse 11, empatáronse 3 e perdéronse 12. En total marcáronse 71 goles e encaixáronse 75.

O próximo fin de semana comeza a fase previa do campionato de Copa, o Numancia está encadrado no Grupo 1º, e estes son os seus compromisos. Os de Ares recibirán o sábado 14 de maio en Prados Vellos ao Aspirante. O martes 17, desprazaranse ata O Cadaval para enfrontarse ao Narón. E o sábado 21, toca de novo desprazamento, nesta ocasión a Ferrol, para enfrontarse ao Portuarios “B”, co que finaliza a fase previa. Recordade que só se clasifican para semifinais os primeiros de cada grupo.

Vémonos ou vindeiro sábado en Prados Vellos. Todos cos cadetes neste tirón final da tempada.

Esperámoste.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.