Inicio Noticias Cadetes CADETES. AS PONTES, 4 - NUMANCIA, 2.
 
 

CADETES. AS PONTES, 4 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. As Pontes 4 - Numancia 2. O Poboado.BOA PRIMEIRA METADE DOS CADETES.
Un Numancia baixo mínimos sucumbiu na segunda metade ante o maior poderío físico dos locais.


O Poboado (As Pontes) 30 de abril de 2011.

ALINIACIONS:
AS PONTES: Angel Prieto (Ignacio 71´), David González, Diego Corral, Marcos, Sergio (Angel Meizoso 66´), Álvaro (Jorge 71´), Alberto López (David García 67´), Alberto Sánchez, Lucho, Diego Fernández (Diego Filgueiras 62´) e Pablo.

NUMANCIA: Xaime, Deive, Juan, Adrián, Dario, Cabana, Dani (Roque 48´), Pepe, Borja, David e Miguelito.

COLEXIADO: D. José Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol). Amonestou a Álvaro polo As Pontes e Juan polo Numancia.

GOLES:
As Pontes: David González, Pablo e Lucho (2).
Numancia: David e Juan.

Boa tarde para a práctica do fútbol hoxe en As Pontes, aínda que cunha lixeira brisa que invitaba ao respectable a porse algo de abrigo. Presentábase o Numancia baixo mínimos no Poboado, tan só doce xogadores na convocatoria. Doce gladiadores que se deixaron a pel no campo e venderon cara a derrota ante un rival ao que non lle foi tan doada a vitoria.

A primeira metade foi moi igualada, ningún dos dous equipos exerceu un dominio claro no terreo de xogo e as chegadas ás metas rivais foron máis ben escasas. Pouco traballo para os gardametas. Cando todo parecía indicar que nos iríamos ao descanso con empate a ceros, un rigoroso penalti no minuto 40, que transformaría David González permiteu aos ponteses irse aos vestiarios con vantaxe dun gol no marcador.

Na segunda metade, o cansazo dos aresanos, sen xogadores de refresco, e un xogador determinante no conxunto Pontes, Lucho, inclinaron a balanza en favor do equipo local. Vinte minutos e tres xogadas similares, con balóns ás costas dos defensas aresanos, e que pasaron pola botas de Lucho, sentenciaron o encontro. Minuto 51, disparo de Lucho que rexeita Xaime, o rexeite aprovéitao Pablo para marcar a porta baleira, 2 - 0. Minuto 60, balón que controla Lucho na área, encara e bate de disparo cruzado a Xaime, 3 - 0. Minuto 70, novo balón que controla Lucho e de vaselina marca o, 4 - 0. Co marcador a favor viñeron os cambios no equipo local que decaeu un pouco na súa intensidade de xogo. Os de Ares, a pesar do cansazo, souberon aproveitalo e dispuxeron de varia ocasións, dúas das cales aproveitarían para acurtar distancias e maquillar o resultado final. O primeiro gol dos aresanos marcaríao David, no minuto 78, ao lanzamento dun libre directo. O segundo sería obra de Juan cun disparo desde o pico da área que supera a Ignacio por alto. Sen tempo para máis o colexiado sinalaría o final da contenda co resultado coñecido de As Pontes 4 - Numancia 2.

Non queda máis que felicitar ao As Pontes pola vitoria e desexarlles sorte na fase de ascenso á Liga Galega.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.