CADETES. NUMANCIA, 2 - R. SAN PEDRO, 3.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 2 - R. San Pedro 3. Prados Vellos.RIDÍCULO DOS DE ARES.
Xusta vitoria do Racing San Pedro en Prados Vellos ante un equipo local totalmente perdido na segunda metade.

Prados Vellos 2 de abril de 2011.

ALINIACIONS:
NUMANCIA: Xaime, Migui (Deive 49´), Dario, Juan, Pepe, Quique, Ricardo (Cabana 40´), Adri (Adrián 40´), Borja, Miguelito (Andrés 54´) e David (Dani 47´).

R. SAN PEDRO: Francisco, Julián, Mario, Marco, José, David (Luís 73´), Miguel, Alberto (Daniel 81´), Borja, Bruno e Victor (Alejandro 64´).

COLEXIADO: D. Daniel García Roibal (Delegación de Ferrol). Amonestou a Juan, Pepe, e Dani do Numancia. Expulsou a Juan do Numancia.

GOLES:
Numancia: Borja (2).
R. San Pedro: Borja, Bruno e Miguel

Primeira metade na que o equipo local levou un pouco máis o peso do encontro que os visitantes. Dispuxeron de ocasións claras para levarse un mellor resultado ao descanso pero non as aproveitaron. O San Pedro xogando á contra e con balóns colgados ao campo rival tamén dispuxo dalgunha boa ocasión. Serían os visitantes os que se adiantarían no marcador. Corría o minuto 19, córner que bota o San Pedro, rexeita a defensa numantina, Borja recolle no semicírculo da área e de disparo raso e axustado á base do pau marca o 0 - 1. Un mazazo para os de Ares, pois era a primeira ocasión na que os ferrolanos se achegaban á área. Malia o revés os de Ares non se descompuxeron, estaban a xogar mellor e tiñan controlado o partido ata ese momento. Froito do seu mellor xogo, catro minutos despois empatarían o partido. Minuto 23, falta que coloca Quique no segundo pau, Borja controla e de disparo cruzado marca para os de Ares, 1 - 1. Xusto empate para os locais polo visto ata ese momento. Puideron poñerse os de Ares por diante no marcador no minuto 32 a o lanzamento dun penalti, pero David falla na súa execución. Finalmente fómonos a descanso co resultado coñecido de 1 - 1.

Segunda metade, comezaban ben os de Ares, pois aos seis minutos do seu inicio poñíanse por diante no marcador. Corría o minuto 46, forte disparo de Quique dende fóra da área que non logra blocar o gardameta do San Pedro e o rexeitamento aproveitao Borja para marcar o segundo tanto local, 2 - 1. A partir do gol chegaron os cambios no equipo aresán, dous xa se fixeran no descanso e outros tres viñeron nos sete seguintes minutos ao gol. O equipo rompeuse e pasou a estar a mercé do conxunto ferrolano que non tardou en empatar o encontro. Sucedería no minuto 50, balón bombeado ao bordo da área numantina, Juan e Dario non se entende e Alberto róuballes a carteira, encara a Xaime que rexeita o forte disparo do dianteiro ferrolano, pero o rexeitamento favoreceñe a Bruno quen o aproveta para marcar a porta baleira, o que suporía o empate do San Pedro, 2 - 2. Este tanto levantaría os ánimos do conxunto visitante que se véu arriba, e de aquí ao final do encontro foi moito mellor que o equipo aresano. Catro minutos despois do segundo gol, puido adiantarse o San Pedro ao saque dun libre directo, pero o balón estrelouse no longueiro. Como diciamos, nesta segunda metade os visitantes, foron mellores que os locais, estiveron máis metidos no partido e chegaron con moito máis perigo á meta aresana que na primeira parte, tendo varias ocasións para adiantarse no marcador. Isto sucedería no minuto 74, balón ás costas da defensa do Numancia que controla Miguel, encara a Xaime e bateo de disparo cruzado, 2 - 3. Resultado co que chegaríamos ao final do encontro.

En resumo primeira metade na que os de Ares estiveron moito mellor que os vistantes, e mereceron irse ao descanso por diante no marcador, pero non aproveitaron as ocasións das que dispuxeron. Na segunda metade, mediocre actuación dos aresanos, estiveron totalmente perdidos, abusaron en exceso da xogada individual, en lugar de querer xogar ao fútbol, non deron sensación de equipo e remataron perdendo o partido. O conxunto ferrolano, mellor asentado, coas ideas máis claras e máis incisivo levouse unha merecida vitoria.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.