CADETES. NUMANCIA, 4 - MEIRAS, 0.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 4 - Meiras 0. Prados Vellos.VITORIA CLARA E CONTUNDENTE DOS DE ARES.
Poucas opcións deron os de Ares a un Meiras que se veu superado con facilidade polo bo xogo dos locais.


Prados Vellos 26 de marzo de 2011.

ALINIACIONS:
NUMANCIA: Xaime, Migui (Andrés 58´), Dario, Juan, Pepe, Quique, Ricardo (Roque 55´), Adri (Adrian 48´), Borja, Miguelito (Deive 58´) e David (Cabana 52´).
MEIRAS: Rafa, Alejandro (Adrián Paz 52´), Yeray, Adrián Montero, Iván Freire, Jonathan, Javier (Bruno 66´), David (Iván González 60´), Piñeiro (Daniel 40´), Vicente (Raúl 66´) e Adrián Velón.

COLEXIADO: D. José Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol). Amonestou a Juan e Dario polo Numancia, e a Adrián Montero, Iván Freire, Piñeiro, Adrián Velón e Daniel polo Meiras.

GOLES:
Numancia: Borja (3) e Miguelito.

Partido sen moita historia, na que o equipo local saíu ao terreo de xogo moi metido no encontro, sendo moi superior ao rival. Primeira metade na que o conxunto do Meiras intento xogar o balón dende atrás, pero a forte presión exercida polos de Ares na dianteira e medio campo non deixaba xogar con comodidade ao rival. Isto propiciaba moitas perdas de balón dos visitantes e un perigo continuo sobre a súa área. Froito desas perdas de balón os de Ares crearían moitas ocasións de gol, que non se materializaron grazas ás boas intervencións de Rafa, o gardameta do Meirás, que sen dúbida hoxe salvou o seu equipo dunha goleada en Prados Vellos. Con respecto ao equipo local, hoxe vimos un equipo serio, ben colocado, disputando cada balón e que lle deu moi poucas opcións ao rival. O primeiro gol local chegaría aos catorce minutos, nun sensacional pase de Juan dende o circulo central que Borja controla dentro da área, dáse media volta e de disparo cruzado bate a Rafa, 1 - 0. No minuto 26 os visitantes puideron igualar o partido, nun dos poucos erros defensivos dos de Ares, e nunha das poucas ocasións claras das que dispuxeron, pero afortunadamente o balón foise por enriba do longueiro. Estarían máis acertados os de Ares catro minutos despois. Balón que colga David á área, Borja baixaa co peito, vaise do seu marcador e de disparo cruzado marca o segundo para os de Ares, 2 - 0. E dous minutos máis tarde, córner que bota o Numancia, rexeita a defensa local e Miguelito de espectacular volea dende a semilúa da área pon o 3 - 0 no marcador. Con este resultado iriámonos ao descanso.

Na segunda metade, o Meiras tivo algo máis de intensidade nos primeiros minutos, premeu máis arriba e tivo algo máis a posesión do balón. Pero con pouca profundidade de cara a meta. Os de Ares co resultado a favor, saíron algo máis relaxados e cederon aos visitantes o protagonismo durante os primeiros quince minutos. No minuto 56, chegaría o cuarto tanto local e a sentenza do encontro. Balón que colga Quique á área, controla Borja, peléxao entre dous defensas e o porteiro, roubándolles a carteira e marcar a porta baleira o 4 - 0. De aquí ao final do partido serían os de Ares os que levarían o peso do encontro. Crearían boas ocasións do gol, incluído un disparo ao pau, pero unhas veces polos desacertos dos dianteiros locais e outras nas que se encontrarían en fronte a Rafa e as súas boas intervencións, evitarían que subisen máis goles ao marcador. Co partido prácticamente rematado, nun balón bombeado, puido marcar o Meirás o gol da honra. Pero Xaime, nunha das poucas intervencións neste partido, enviaría a córner de sensacional estirada. Finalmente chegaríamos ao final do encontro co resultado de Numancia 4 - Meiras 0.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.