Inicio Noticias Cadetes CADETES. G. MUGARDOS, 2 - NUMANCIA, 2.
 
 

CADETES. G. MUGARDOS, 2 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. G. Mugardos 2 - Numancia 2. A Pedreira.XUSTO EMPATE ENTRE VECIÑOS.
Partido intenso, vibrante e con moito pundonor por ambos bandos o que protagonizaron Mugardos e Numancia.


A Pedreira, 19 de marzo de 2011.

ALINIACIONS:
G. MUGARDOS: David, Alexis, Borja, Iván, Fabio, Álvaro (Bruno 78´), Juan, Monti (Jorge 32´), Remus, Mateo (Roberto 71´) e David (Joel 40´).

NUMANCIA: Xaime, Migui (Cabana 60´), Juan, Darío, Dani (Adrián 40´), Miguelito (Adri 40´), Pepe, Quique, Borja, Ricardo (Andrés 65´) e David (Deive 50´).

COLEXIADO: D. Enrique Larrosa Pérez (Delegación de Ferrol). Amonestou a Iván, Fabio, Juan e Monti polo Mugardos e a Juan polo Numancia.

GOLES:
G. Mugardos: Iván e Borja.
Numancia: Quique (2).

 



Tarde soleada e cunha temperatura moi agradable, tanto para xogar, coma para gozar do fútbol. Malia ser festivo e nunha data tan significativa como a de hoxe, por certo felicidades aos Josés, Josefas e pais, foron moitos os afeccionados que se achegaron ata A Pedreira para disfrutar dun partido de rivalidade entre veciños. Partido que a boa fe disfrutaron os afeccionados dun e outro equipo. Afeccionados que non pararon de alentar, animar e empurrar a uns xogadores que o deron todo no terreo de xogo, algúns deles case ata a extenuación. Sen lugar a dúbidas o mellor agradecemento que os xogadores puideron facer aos seus fieis afeccionados.

Antes de dar comezo o encontro gardouse un respectuoso minuto de silencio polos tristes acaecementos acontecidos en Xapón nos últimos días.

Partido que se destacou pola igualdade entre ambos equipos, típico da rivalidade deportiva dos derbys. Ningún dos dous conxuntos se impuxo no terreo de xogo, repartíndose tanto o dominio coma as ocasións de gol. Foi un toma e daca continuo. Ninguén deu o partido por perdido e as ocasións de gol sucedéronse nunha e noutra portaría ao longo do encontro. Grandes intervencións dos dous porteiros e grandes oportunidades desaproveitadas polos dianteiros. Non houbo tregua. Sen lugar a dúbidas un partido intenso, vibrante e de resultado incerto ata o asubio final.
Na primeira metade poñeríanse por diante os de Mugardos, ao transformar Iván unha pena máxima, o que supoñería o primeiro gol local aos 20 minutos de iniciado o encontro. No minuto 28, produciríase unha polémica e transcendental xogada protagonizada polo colexiado. Monti comete unha falta pola que o colexiado lle ía ensinar tarxeta amarela, era a segunda, mesmo o xogador xa se estaba a retirar do terreo de xogo. Inesperadamente e ante a sorpresa de todos, o colexiado gárdase o cartón e permite que o xogador continúe no campo. Este foi un dos tantos erros na desafortunada actuación do colexiado na tarde de hoxe. Actuación que desluciu un pouco o bo facer dos rapaces. A consecuencia desta polémica decisión, nos últimos minutos da primeira metade produciríanse algunhas xogadas algo fóra de ton, pero sen maiores consecuencias. Finalmente iriámonos ao descaso co resultado coñecido de Mugados 1 - Numancia 0.

A segunda metade comezaría con moita intensidade, froito diso, nos primeiros minutos de xogo habería dúas claras ocasións para cada equipo. Á terceira iría a vencida, serían de novo os de Mugardos os que farían subir o segundo gol o seu casilleiro particular. Saque de corner moi pechado de Borja, a axuda do vento e o sol fixeron o resto, gol directo 2 - 0, no minuto 48. Difícil poñíanselle as cousas para os numantinos e máis ante un equipo forte e contundente como o Mugardos. Pero os de Ares non se amilanarían e pronto acurtarían distancias. Minuto 51, balón ás costas da defensa que controla Quique nos tres cuartos de campo local, salva a desesperada saída do porteiro e encara a meta para marcar a porta baleira, 2 - 1. Este gol foi psicolóxico e moi importante para os de Ares posto que os metía de novo no partido. Nos minutos seguintes virían os cambios, xente fresca, xente de reforzo. O esforzo era maiúsculo e había xogadores que acusaban o cansazo. As ocasións de gol seguiron sucedéndose en ambas as dúas áreas. Pero nesta ocasión serían os de Ares os que estiveron máis atinados. Corría o minuto 70, balón colgado ao segundo pau onde Quique libre de marca, controla, colócao e de forte disparo cruzado bate a David, 2 - 2. Quedaban dez minutos de xogo, non houbo conformismo, ninguén se contentaba co empate. Era un derby e os dous equipos querían a vitoria e os tres puntos. Nestes dez minutos non se baixo a intensidade, a pesar de que algúns xogadores estaban extenuados polo cansazo. Seguíronse sucedendo as ocasións. Pero finalmente non se movería o marcador, polo que chegaríamos o final da contenda cunha xusta repartición de puntos.

Non queda máis que felicitar aos xogadores, dun e outro equipo, polo seu esforzo e entrega no terreo de xogo. Por facernos vibrar e disfrutar dun encontro no que sen lugar a dúbidas foi dos que fan afección. Tamén felicitar e agradecer a asistencia de tantos afeccionados, dun e outro bando, polo seu apoio, polo seu alento e polos seus ánimos cara a uns xogadores, que hoxe en mostra de agradecemento, deixaronse a pel no céspede. Moitas grazas a todos.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.