Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 1 - NARON, 5.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 1 - NARON, 5.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 1 - Narón 5. Prados Vellos.OS CADETES ENCAIXAN OUTRA NOVA GOLEADA.
A liga está a tocar o seu fin, quedan sete xornadas, unha delas de descanso, e parece que aos cadetes se lles acaba a gasolina.


Ares 12 de marzo de 2011.
 

 

ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Xaime, Migui, Juan (Adri 37´), Dario (Novoa 40´), Miguelito (Cabana 40´), Piñeiro (Adrián 22´), Andrés (Deive 40´), Dani, Roque, Alberto e David.
NARON: Lois (Soto 71´), Álvaro, Brais, Daniel, David (Noel 65´), Ioao, Christian Fernández, Christian Riveira (Adrian 52´), Gabriel, German e Dilan (Christian Dual 60´).

COLEXIADO: D. Daniel Barrera Lourido (Delegación de Ferrol). Amonestou a Dani do Numancia.

GOLES:
Numancia: Adri.
Narón: Christian Fernández (2), Dilán, Adrián e Ioao.

Tarde de orballo en Prados Vellos, os cadetes recibían o equipo do Narón no que a priori se presentaba como un encontro igualado. Pero nada máis lonxe da realidade. O Numancia acudía ao choque con baixas importantes. Pois catro xogadores, titulares habituais, tiveron que desprazarse co equipo xuvenil para completar un plantel decimado polas sancións e as lesións. Polo que o equipo de cadetes tamén tivo que complementase con xogadores infantís.

Antes de dar comezo o encontro gardouse un emotivo minuto de silencio en recordo do avó do xogador do Narón Adrián González, finado recentemente. Descanse en paz.

Metidos xa no partido. Pésima primeira metade dos de Ares, hoxe tivemos no céspede un equipo falto de ideas, sen motivación, sen pegada. Un equipo baleiro, que nesta primeira metade se viu superado con facilidade polos naroneses, que a pouco que fixeron pasaron por enriba dos de Ares. Ben é certo que os locais estaban minguados de efectivos, pero éste non é motivo abondo para dar unha pésima imaxe como a de hoxe. Porque, un día malo teno calquera, as cousas pódente saír mal ou o rival pode ser superior. Pero o que non pode ser, é ter pouca contundencia, non querer o balón, non asumir responsabilidades, non ter pegada, pasear polo campo, etc. E aínda por enriba dous dos xogadores, que teoricamente hoxe terían que levar o peso do equipo, hai que substituílos antes do descanso. Esta claro que con este panorama, pouco ou nada se pode facer.

Como dicía, nesta primeira metade os naroneses arrollaron os aresáns. Como dato estatístico abonda dicir que os locais non chegaron nunha soa ocasión á meta visitante nos primeiros corenta minutos. Nada máis iniciarse o encontro, ao minuto e medio, perda de balón en medio campo que chega a Christian Riveira, alcanza o lateral da área, forte disparo cruzado que Xaime rexeita a córner, sendo ésta a carta de presentación do Narón. O primeiro gol visitante chegaría no minuto 15, mal rexeitamento de Piñeiro que deixa o balón nos pés de Christian Fernández, quen libre de marca fusila a Xaime, 0 - 1. Despois do primeiro gol visitante chegaría o primeiro cambio forzado dos de Ares. No minuto 35, un balón en profundidade ás costas da defensa local, recólleo Dilan marcha por velocidade e de disparo cruzado bate a Xaime, 0 - 2. Dous minutos despois este mesmo xogador estrelaría un balón no longueiro ante a pasividade da defensa local. Despois do segundo gol do Narón chegaría o segundo cambio forzado dos locais. E con este panorama, e 0 -2 no marcador, iriámonos ao descanso.

Na segunda metade os de Ares estiveron algo mellor. Mellor en canto a gañas, polo menos puxeron un pouco máis de pundonor e algo máis de ritmo ao partido. Pero iso non foi suficiente, porque a mellor preparación física do rival e a súa maior velocidade rematou por decantar o partido no seu favor, de feito á contra e con balóns ás costas da defensa crearon moitas ocasións de perigo. O que lle aconteceu aos de Ares nesta segunda metade foi algo tan sinxelo como, se non sobes non marcas gol, pero se sobes e non baixas, marcanchos a ti.
Froito dun deses balóns colgados ás costas da defensa, no minuto 60, Xaime chega tarde, un dianteiro visitante adiantase a él e supérao cunha vaselina ao segundo pau onde Adrián remata ao fondo das mallas, 0 - 3. No minuto 76 volveríase producir unha acción similar, os dianteiros do Narón conseguen o balón e finalmente Christian Fernández marca o cuarto para os visitantes, 0 - 4. Un minuto despois perda de balón en tres cuartos de campo local que recupera Ioao, marcha por velocidade, se interna na área e de disparo cruzado bate a Xaime, 0 - 5. E xa co partido prácticamente finalizado, disparo de David dende fóra da área que non bloca o gardameta do Narón, o rexeitamento aproveitao Adri para marcar o gol da hora local.

En resumo moi mal partido dos de Ares que en ningún momento deron a sensación de equipo, e o peor de todo, é que xogadores que hoxe terían que ter tomado o timón do grupo, foron os primeiros en desaparecer do encontro.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.