CADETES. NUMANCIA, 4 - R. DE NEDA, 1.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 4 - R. de Neda 1. Prados Vellos.NECESITASE UN AXUSTE DO PUNTO DE MIRA.
Os de Ares mantiveron os afeccionados en vilo ata o ultimo tramo da segunda metade. Poideron sentanciar, tiveron ocasións para elo, pero como sucedera contra o Miño, de novo estiveron faltos de puntería na definición.

Ares 29 de xaneiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Xaime, Migui (Andrés 66´), Juan, Pepe, Adrián (Dani 54´), Dario, Adri (Cabana 62´), David, Borja, Ricardo (Miguelito 40´) e Roque (Deive 50´).

R. DE NEDA: Victor, Carlos (Isaias 62´), Jorge, Raúl, Juan, Alejandro (Esteban 66´), Diego (Alba 66´), Oscar, Pablo, Manuel (Mirian 69´) e Mudrik (Adrián 66´).

COLEXIADO: D. Daniel García Roibal (Delegación de Ferrol). Amonestou a Juan do Numancia e a Pablo do Neda. Expulsou a Pablo e Daniel Alonso (delegado) do Neda con vermella directa.

GOLES:
Numancia: Borja (3) e Pepe.
R. de Neda: Pablo.

 


Partido que non se caracterizou polo bo xogo, pero no que os afeccionados tampouco se aburriron, pois tivo os seus momentos, de tensión polo resultado e de emoción polas claras ocasións de gol que se crearon.

Primeira metade na que ningún dos dous equipos exerceu un dominio claro no terreo de xogo, aínda que os de Ares, sempre levaron algo máis a iniciativa que o rival dispoñendo dalgunha ocasión de gol que non materializaron. As ocasións máis claras serían, para Borja no 18´, que cruza en exceso o balón, e Juan no 30´, que dispara alto. Aínda que serían os visitantes os que meterían o medo no corpo aos numantinos, cun disparo á base do pau no 32´. Malia que os de Ares, eran os que levaban o peso do encontro, serían os nedenses os que se adiantarían no marcador cando corría o minuto 38. Libre directo á área do Numancia que Pablo remata de cabeza ao fondo das mallas. 0 - 1 para ledicia visitante e desasosego e preocupación na inchada local. Pero pouco duraría a alegría visitante, pois un minuto despois, pase medido ao punto de penalti de Adrí sobre Borja, controla co peito, baixá e de bolea empata para os de Ares. Sen tempo para máis o colexiado pita o final da primeira metade, con empate a un tanto no marcador.

Na segunda metade os de Ares foron os claros dominadores, aínda que o Neda dispuxo tamén dalgunhas ocasións para acurtar distancias. O bo xogo, tampouco foi o prato forte desta segunda metade, que se caracterizou polas excesivas ocasións que perdoaron os locais. Destacar as intervencións de Victor, o gardameta do Neda, que realizou paradas de gran mérito. Das tantas ocasións creadas o normal sería que algunha entrara. E a primeira chegou no 57´, centro xute á área visitante que Victor non atalla, o seu rexeitamento aproveitao Borja, moi atento na área, e marca o segundo para os de Ares. Un minuto despois, penalti sobre David, Borja encárgase de lanzar a pena máxima e Victor responde cunha sensacional parada, desaproveitando os locais unha grande oportinudade para matar o encontro. As ocasións seguían sucedéndose, e no 65´, Pepe remata de bolea no segundo pau un centro de Juan ao saque dunha falta, marcando un sensacional gol que suporía o terceiro para os de Ares. No minuto 75, o Neda queda en inferioridade numérica, e dende aquí ata o final do encontro os de Ares apoderaríanse do partido controlándoo ata o asubío final. Xa co encontro prácticamente rematado, minuto 78´ un novo penalti, nesta ocasión sobre Miguelito, e que transforma Borja, suporía o cuarto tanto local.

En resumo, partido pouco vistoso en canto a xogo, e como sucedeu contra o Miño, de novo pouca puntaría de cara a porta. Créanse moitas ocasións, pero perdóase demasiado, ¡¡¡ Haberá que afinar o punto de mira!!!. O mellor, tres novos puntos, e a volta de Xaime a porta aresá.

Próximos partidos, dous encontros cruciais de cara a manter as nosas aspiracións os postos altos da táboa. A vindeira semana visitaremos o campo de Sinde para enfrontarnos a O Val. E na seguinte recibiremos en Prados Vellos ao Ortigueira.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.