Inicio Noticias Cadetes CADETES. MIÑO, 2 - NUMANCIA, 3.
 
 

CADETES. MIÑO, 2 - NUMANCIA, 3.

SDR NumanciadeAres. Cadetes 2010-2011. Miño, 2 - Numancia 3. Municipal de Miño.VER PARA CRÉR.
Ultimo partido da primeira volta disputado no Municipal de Miño ante o equipo local, e no que o Numancia, a pesar de ser o claro dominador deste, a piques estivo de deixarse dous puntos.


Miño 15 de xaneiro do 2011.

ALINIACIÓNS:
MIÑO: Martín, Borja, Pablo (Miguel 62´), Héctor, Damián, Manuel, Jonathan, Iván (Eric 76´), Diego (Lucas 76´), Daniel e Cesar (David 52´).

NUMANCIA: Kike, Cabana (David 40´), Piñeiro, Dani, Miguelito (Dario 50´), Deive (Adrián 50´), Adri, Xaime (Migui 54´), Borja, Quique e Roque (Andrés 54´).

COLEXIADO: D. José A. Rodríguez Dopico (Delegación de Ferrol). Amonestou a Daniel do Miño.

GOLES:
Miño: Daniel (2).
Numancia: Borja, David e Andrés.

Encontro cun resultado totalmente atípico a teor do visto no Municipal de Miño. Polo marcador, ben se pode pensar que foi un partido moi igualado, disputado, un deses típicos partidos no que calquera pode gañar, e que se decide por unha pequena diferenza. Pero nada máis lonxe da realidade. O sábado os de Ares tiveron en fronte a Martín, porteiro do Miño, que fixo un sensacional partido con paradas de moito mérito e librou o seu equipo dunha goleada. "Hoxe ten o día" comentábanos o seu irmán, tamén o seu adestrador "é un bo porteiro, pero hoxe saleuse". De feito podemos afirmar con total rotundidade que foi o protagonista do encontro. Pero bueno, cando un ten o día que lle imos facer, ten o día e hai que quitarse o sombreiro e felicitalo polos seus méritos. Pero a parte de Martín os de Ares tamén tiveron que loitar contra, a mala sorte, e contra esta sí que nada podes facer. Está claro que se non a tes de cara, non hai nada que facer. Os de Ares intentárono dende todos os lados, dende fóra da área, dende dentro, de cabeza, de vaselina, por arriba, por abaixo, a media altura. Era igual, cando o balón non se encontraba con Martín, marchaba fóra. É coma se houbese algo invisible na meta local que impedira que éste entrase, e está claro, cando non quere entrar, non entra. Ante tal situación, chegou un punto no que aos xogadores aresáns víaselles, desanimados, decaídos, frustrados, abatidos, impotentes e desmoralizados, en especial os dianteiros, e a dicir verdade non era para menos, porque ninguén entendía, nin sequera a afección local, como se podía chegar a ter tan mala sorte. Pero ás veces isto sucede e hoxe foi un deses días. Un partido no que o máis lóxico, por dominio e ocasións creadas, tería que terse saldado por goleada, converteuse en algo frustrante para os de Ares. Podese dicir que foi un vitoria desilusionante.

Do encontro pouco hai que comentar, creo que con poucas palabras podese resumir, "monologo dos de Ares, no que o sal e pementa  puxeronna os goles que chegaron no ultimo tramo do encontro".

A primeira metade foi de dominio total e absoluto dos de Ares, na que crearon numerosas ocasións de gol que non se materializaron, en parte, polas grandes intervencións do meta local e outras, como diciamos, polo desatino e mala sorte dos dianteiros de cara a porta. Pola contra os locais apenas pasaron de medio campo e en ningún momento inquietaron a meta aresana. A pesar do dominio e as claras ocasións dos numantinos chegouse ao descanso co incrible resultado de empate a cero goles.

A segunda metade foi máis do mesmo, aínda que nesta ocasión os locais, si chegaron á meta aresana por medio de disparos afastados pero que en ningún momento supuxeron problema para Kike. Os goles chagarían nesta segunda parte. O primeiro, no minuto 44, falta que bota Quique, Borja controla no bordo da área pequena e de disparo cruzado bate a Martín, 0 - 1. Viaseñe contento ó rapaz, disfrutouno coma si fora o gol da súa vida, anteriormente había tido tantas que xa non sabía o que facer, víaseñe desesperado. No 26 chegaría o segundo, pase de Borja sobre David, éste dáse media volta, cóase entre dous defensas e de disparo a media altura marca, 0 - 2. E no 70 chegaría o terceiro, pase cruzado de Quique ao segundo pau que Andrés empurra ao fondo das mallas, 0 - 3, a dez minutos da finalización. Parecía que todo estaba resolto, e tal como se había desenrrolado todo o encontro non había por que temer. Pero xa se sabe, ata o rabo todo é touro, e un partido non remata ata que o colexiado dá o asubío final. E a dous minutos deste chega a sorpresa. No 78, libre directo de David dende a periferia do círculo central ante o que Kike nada pode facer e supérao por alto, 1 - 3. E no 80, mal rexeitamento da defensa numantina á saída dun corner, o balón cae na frontal da área e de novo David de forte disparo marca o segundo para o Miño. Resultado final, 2 - 3. Xusta e merecida, aínda que curta vitoria para os de Ares, porque por méritos merecían un resultado máis amplo.

Ao final do encontro había que ver a faciana dos xogadores de ámbolos dous equipos. Os de Ares a pesar da vitoria parecían os derrotados, e realmente non era para menos, porque tal como se desenvolvera o partido é incrible que se chegase ao final con este resultado. Pero que se lle vai facer, isto é fútbol e ás veces dáse a paradoxa de que o que máis oportunidades ten no e o que gaña, aínda que este non fose o caso. Pola contra os do Miño parecía os gañadores, e a verdade tampouco era para menos, porque despois das que pasaran, ainda por riba, a piques estiveron de empatar o encontro, e para eles non cabe dúbida de que foi unha vitoria moral.

Con este partido finaliza a primeira volta do campionato de liga cadete. A semana que vén, toca xornada de descanso para os de Ares, e na seguinte recibiremos na casa o Rápido de Neda.

Polo que respeta ao Miño, animalos a seguir loitando e desexarlles o mellor de cara á segunda volta.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.