Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 4 - AS PONTES, 1.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 4 - AS PONTES, 1.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia, 4 - As Pontes, 1. Prados Vellos.AGASALLO ÓS AFECCIONADOS
Acabáronse as vacación de Nadal, e volta ó traballo. E vaya forma de facelo. Cunha contundente vitoria fronte a un dos favoritos do grupo.
Se non subiche, ti o perdiche.

Ares, 8 de xaneiro do 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Pepe, Migui (Miguelito 54´), Juan, Piñeiro, Adrián (Cabana 66´), Dario (Dani 66´), Adri, David, Borja, Quique e Ricardo (Roque 54´).

AS PONTES: Sergio Aldrey, David (Alejandro 66´), Diego Corral (Esteban 48´), Sergio Meizoso, Marcos, Álvaro (Ángel 54´), Alberto López, Alberto Sánchez, Luís, Alejandro e Diego Filgueiras (Adrián 41´).

COLEXIADO: D. José Priegue Leis (Delegación de Ferrol). Amonestou a Juan e Miguelito polo Numancia.

GOLES:
Numancia: Quique (2), Borja (2).
As Pontes: David.

Nunha tarde pasada por auga o Numancia recibía ao As Pontes, segundo clasificado do campionato. A priori, rival complicado, a teor das súas estatísticas, pois ademais da súa posición na táboa, era o conxunto menos goleado do campionato. Polo que o encontro se presentaba como un choque moi interesante. E a boa fe que o foi. Pois puidemos disfrutar dun gran partido, onde os de Ares leváronse unha xusta e merecida vitoria.

Partido que comezou con tenteo por parte dos dous equipos, pero no que pouco a pouco os de Ares foron poñendo un pouquiño máis que o rival. Os das Pontes, non se encontraron cómodos, pois os locais premían moi arriba e en mediocampo, o que propiciou moitas perdas de balón do rival e moitos erros de pase entre as súas liñas. Nunha desas perdas, o balón queda rifado entre os defensas e os dianteiro aresas, finalmente Borja envía ao fondo das mallas, 1 - 0 cando corría o minuto 16. De aquí ao final da primeira metade os locais tiveron sempre controlado o partido. Seguiron impoñendo o seu xogo e en ningún momento permitiron o rival xogar con comodidade, chegándose ao descanso cos de Ares por diante no marcador.

Aos poucos minutos de iniciada a segunda metade, no 5´, nun penalti un tanto rigoroso, que transforma David, empata o encontro As Pontes, 1 - 1. A partir do gol do empate, os visitantes viñéronse arriba, e durante algúns minutos exerceron o seu dominio no terreo de xogo. Pero pouco a pouco, os de Ares volveron asentarse e cunha marcha máis que o rival volveron a coller o control do encontro. Control que se materializaría no segundo gol para os locais no minuto 58. Centro de Roque, fallo no rexeitamento da defensa, recolle Quique e de forte disparo bate a Sergio, 2 - 1. Os de As Pontes intentárono, pero o mediocampo aresano non lles permitiu xogar con comodidade, e a férrea defensa, foi un fortín de cara a meta. Soamente nalgunha xogada a balón parado conseguiron levar algún perigo á área local. Co partido prácticamente rematado, minuto 83, chegaría a puntilla para os visitantes, forte disparo de Quique dende o medio do campo, o balón bota diante do porteiro e sorpréndeo por alto, 3 - 1. E dous minutos despois, os visitantes no seu afán de acurtar distancias, vense sorprendidos por un balón ás costas da defensa, recolle Borja, encara o gardameta, e ante a saída deste supérao de vaselina para establecer o 4 - 1 definitivo.

En resumo, sensacional partido e merecida vitoria dos de Ares. Foi un deses encontros nos que a pesar, do horario, da choiva, do frío, do vento, ou de calquera outra inclemencia, paga a pena subir ata Prados Vellos para disfrutar do bó fútbol. Pois hoxe, os cadetes, fixeron o seu particular regalo de Reis á afección en paquete "Gol TV " de bo fútbol.

Noraboa rapaces, e moitas grazas por facernos disfrutar.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.