CADETES. R. SAN PEDRO, 4 - NUMANCIA, 6.

MOITOS GOLES CON SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. R. San Pedro 4 - Numancia 6. Aneiros 04/12/10.ALTERNATIVAS NO MARCADOR.
Os de Ares remontaron, nunha sensacional segunda metade, un encontro que se lles puxo moi costa arriba.


Aneiros (Ferrol), 4 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
R. SAN PEDRO: Francisco, Carlos, Luís, Marcos (Aarón 54´), Mario, Alejandro, Miguel, Alberto (Álvaro 45´), Borja, Bruno e Víctor.

NUMANCIA: Kike, Dario (Deive 52´), Juan, Piñeiro, Adrián (Migui 62´), Pepe, Adri (Dani 52´), Quique, Borja, David (Cabana 65´) e Roque (Miguelito 40´).

COLEXIADO: D. Enrique Larrosa Pérez (Delegación de Ferrol). Amonestou a Juan, David e Miguelito do Numancia. Expulsou a Luís do R. San Pedro e Borja do Numancia.

GOLES:
R. San Pedro: Víctor (2), Alejandro e Luís.
Numancia: Borja (2), Quique (2), Pepe e Juan.

 

 


Primeira metade que se caracterizou pola forte presión exercida polos locais sobre o rival dende os minutos iniciais e aos que lles custou moito traballo saír do seu campo nos primeiros compases do encontro. Os locais darían o primeiro aviso no 8´ cun remate de cabeza ao longueiro. Non obstante serían os de Ares os que se adiantarían no marcador no 10´, por medio de Quique, que rouba un balón no bordo do área, se interna, regatea o gardameta e marca a porta baleira, 0 - 1. Pouco duraría a alegría da parroquia aresá, dous minutos despois, Alejandro de disparo afastado colle a Kike lixeiramente adiantado e bateo por alto empatando o encontro. O partido continuou co mesmo plantexamento, os locais exercían a presión, aínda que sen moito perigo, e os de Ares trataban de sorprender á contra. Froito desas contras a punto estás os de Ares de volver adiantarse no marcador por medio de Borja nun man a man co gardameta que éste resolve de sensacional parada. Os locais coa súa presión, conseguían forzar faltas perigosas próximas á área, nunha desas faltas conseguirían adiantarse no marcador, nun lanzamento de Víctor, aínda que con algo de fortuna, posto que o balón toca en Piñeiro e cóase na meta aresá, 2 - 1. Os de Ares continuaron coa súa filosofía de xogo, e no 28 ´, un pase en profundidade de Quique ás costas da defensa contrólao Borja, encara a Francisco e nesta ocasión non falla, devolvendo as táboas ao marcador, 2 - 2. Coa primeira metade prácticamente rematada, corner que bota o San Pedro no 40´, a defensa do Numancia non dá afastado o balón do área, cae nos pés de Víctor que libre de marca no área pequena envía ao fondo das mallas, 3 - 2. Resultado co que nos iriamos ao descanso.

Na segunda metade os de Ares cambiarían a seu plantexamento técnico no centro do campo, o que lle deu moi bos resultados, pois non permitiron xogar con tanta comodidade ao San Pedro, obrigándoo a repregar as súas liñas. Aínda así serían os locais, no 47´, e novamente á saída dun corner os que farían subir un novo gol ao marcador. De novo balón mal sacado pola defensa aresá que cae nos pés de Luís, quen de forte disparo dende fóra do área marca o cuarto para os locais. Dous minutos despois preciosa xogada de combinación na que interveñen Quique, David e Borja, este último, finalmente encara o gardameta local e marca o terceiro para o Numancia, 4 - 3. O mellor xogo e a superioridade dos de Ares nesta segunda metade, non tardaría en dar os seus froitos en forma de goles. O empate chegaría no 55´, ao rematar Juan unha falta botada por Quique. No 62´ os de Ares poñeríanse por diante no marcador, nesta ocasión pase de Pepe que gaña as costas da defensa, controla Quique e de tiro cruzado bate a Francisco, 4 - 5. E no 75´, Pepe, remataría a tarde goleadora dos de Ares cun forte disparo dende os tres cuartos de campo, o que suporía o sexto para o de Ares.

A próxima semana toca xornada de descanso, e na seguinte desprazarémonos a Ferrol, para enfrontarnos ao líder da categoría, o Galicia de Caranza, antes do parón de Nadal. Á volta das vacacións, recibiremos ao CD. Ás Pontes en Ares e á semana seguinte desprazarémonos a Miño, onde finalizaremos a primeira volta do campionato.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.