Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 - G. MUGARDOS, 2.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 - G. MUGARDOS, 2.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia, 3 - G. Mugardos, 2. Prados Vellos.CON DOCE, !!PERO SEN ALIÑACIÓN INDEBIDA!!
Eolo, un dianteiro moi perigoso, foi o xogador nº 12 do encontro, xogando un tempo con cada equipo.


Ares 20 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Kike, Adri (Cabana 64´), Piñeiro, Dario, Adrián (Cartelle 61´), Juan (Deive 66´), Pepe, Quique, Borja, David (Roque 59´) e Ricardo (Migui 41´).

GALICIA DE MUGARDOS: Bruno, Juan, Roberto (Remus 41´), Alexis, Fabio, Monti, Andrés, Iván (David 41´), Guillermo, Joel (Carlos 57´) e Borja (Álvaro 41´).

COLEXIADO: D. David Díaz Casas (Delegación de Ferrol). Amonestou a Juan e Borja polo Numancia e a Andrés e Iván polo Mugardos.

GOLES:
Numancia: Borja, David e Juan.
Galicia de Mugardos: Andrés e Monti.

Tarde desapracible, con chuvascos fortes por momentos e moito vento. Pero aínda así, non foi suficiente para desanimar o numeroso público que se deu cita en Prados Vellos, para desfrutar do derby onde se efrontaban o Numancia e o Mugardos. Tarde na que o forte vento reinante, foi un dos protagonistas do encontro, e un dos dianteiros máis perigosos de cara a porta, pois estivo presente en máis dunha xogada de perigo e foi determinante nalgún dos goles. A forza coa que soprou por momentos, foi tal, que algúns disparos dende o medio do campo chegaban con moita facilidade a porta e a punto estiveron de transformase en gol.

A primeira metade comezou con dominio do equipo local, dominio que no minuto 6 se transformaría no primeiro gol. Balón rifado fóra do área que consegue levarse Ricardo, cede sobre Borja que dispara e o esférico entra axustado ao pau, 1 – 0. Un minuto despois, falta que saca Quique dende o centro do campo, favorecido polo vento, chega o balón a portaría enviando o gardameta a corner con moitos atrancos. Corner moi pechado que bota David e gol directo, "o dianteiro centro nº 12 participou algo na xogada", 2 - 0 para os de Ares. No que restou de primeira metade os locais tiveron o partido controlado, non deixando xogar ao Mugardos, que en escasas ocasións chegou á área, optando por balóns en profundidade que, ou ben, marchaban fora ou eran contrarrestados pola eficacia da defensa local. Pola contra, o Numancia apoderouse do mediocampo e moveu moito mellor o balón, creando moito perigo sobre a área visitante. Gozaron os locais de dúas boas ocasións para aumentar o marcador, no 20´ unha vaselina de Borja e no 22´ un disparo de Piñeiro dende mediocampo, pero non houbo fortuna. Polo que marchamos aos vestiarios con 2 - 0 a favor dos de Ares.

Na segunda metade os de Mugardos sairon a polo partido e nada máis comezar, no 42´, dan o primeiro aviso por medio de Andrés cun disparo cruzado dende o vértice do área que Kike rexeita a corner. Durante algúns minutos envorcáronse sobre a área numantina, pero máis por forza que por xogo. Pouco a pouco as cousas foron volvendo ao seu sitio e os de Ares colleron de novo o control do partido. O xogo do Mugardos pasaba por balóns en profundidade, que ben, ou se perdían pola liña de fondo, ou remataban nas mans de Kike. Mediada a metade da segunda parte, no 60´, chegaría o terceiro para os locais nun remate de Juan á saída dun corner que a defensa do Mugardos saca mal. A partir de aquí os de Ares foron perdendo pouco a pouco o centro do campo e fóronse botando atrás pola presión dos mugardeses, reaccionando con balóns en profundidade sobre Borja que era o que levaba o perigo á área visitante. Froito desa presión, os de Ares remataron encerrados na súa área, chegando os goles visitantes nos últimos minutos do encontro. O primeiro no 76´, nun balón mal despexado pola defensa aresá co que se fai Andrés e de tiro cruzado bate a Kike, 3 - 1. Co tempo regulamentario xa rematado, 43´, un libre directo dende a periferia do círculo central que executa Monti, co vento a favor, suporía o segundo gol para os mugardeses. Sen tempo para máis o colexiado sinala o final do encontro coa coñecida vitoria dos de Ares por 3 - 2. Victoria xusta e traballada nun encontro no que os locais sempre tiveron posta unha marcha máis.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.