CADETES. NARON, 2 - NUMANCIA, 2.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Narón, 2 - Numancia, 2. O Cadaval.O NARON EMPATOU NO TEMPO ENGADIDO
Empate que sabe a pouco nun partido no que a sorte non acompañou a os de Ares. 


Narón 13 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NARON: Lois, Fabregas (Javier 51´), Joao, Álvaro, Gabriel, Adrián González, Chistián, Martín (Brais 69´), Adrián Chao (Dilan 45´), David e Bruno.

NUMANCIA: Kike, Migui (Deive 51´), Pepe, Adrián (Andrés 71´), Dario (Alejandro 76´), Cabana (Miguelito 41´), Adri (Roque 57´), Piñeiro, Borja, David e Ricardo.

COLEXIADO: Manuel J. Bejarano Estepa (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a Cristián polo Narón e a David polo Numancia.

GOLES:
Narón: Adrián Chao e David Rey.
Numancia: Roque e Borja.

 


Encontro entre dous equipos que se presentaban ao choque con algunhas baixas nas súas filas, pero que non por iso, deixo de estar entretido e aberto para ámboslos dous conxuntos. Aínda que non foi un partido moi vistoso, tivo algúns minutos de bo futbol e algunhas xogadas de calidade. Durante os oitenta minutos ningún dos dous equipos exerceu un dominio claro sobre o terreo de xogo polo que puidemos ver un partido moi igualado.

A primeira metade caracterizouse por moito centrocampismo e poucas chegadas ás portas dos rivais. No minuto oito os de Ares deron o primeiro aviso cun disparo ao longueiro de Piñerio despois dunha falta lateral que saca David e peitea Pepe. Logo moitos minutos de tímidos disparos e xogadas que as respectivas defensas se encargarían de desbaratar. No minuto 30, chegaría o primeiro gol para os locais ao saque dunha falta lateral que executa Adrián Chao, ninguén toca o balón e Piñeiro sácao de dentro da portaría. Oito minutos despois os de Ares puideron igualar a contenda nun centro de Ricardo dende a liña de fondo que Borja remata de cabeza supera ao gardameta pero o balón cae sobre a rede da porta local. Sen tempo para máis marcharían aos vestiarios con 1 - 0 a favor do Narón.

Na segunda metade os de Ares saíron a polo partido envorcándose sobre a meta local. Aos dez minutos a punto estivo de chegar a igualada nun remate de cabeza de Borja que vaise fora bicando a base do pau. Sería tres minutos despois, cando os de Ares obterían o premio ao seu esforzo. Corner que saca o Numancia en curto sobre Borja, centro á área e Roque entrando dende atrás remata ao fondo das mallas, 1 - 1. Os de Ares non se conformaron e aproveitaron eses minutos de superioridade para poñerse por diante no marcador catro minutos máis tarde. Falta rápida sobre Ricardo que se revolve no área, despois de varios rexeites o balón chega a Boja, pícao abaixo e golazo por toda a escuadra, 1 - 2. Era un xusto premio para os de Ares, pois levaban algúns minutos levando o peso do encontro. Puideron matar os aresáns o partido no 66´, pero non tiveron a sorte de cara, nun perfecto libre directo executado por Piñeiro que se estrela no pau, era o segundo do rapaz no día de hoxe. Dez minutos despois viría a replica dos naroneses que estrelan outro balón no longueiro ao saque dunha falta. E xa no tempo engadido, un disparo afastado de David Rey dende a periferia do circulo central, ante o que nada pode facer Kike, supoñería o empate para os locais, 2 - 2, e asubío final.

Para ver a crónica e as fotos da WEB do Narón Balompe PICA AQUI.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.