Inicio Noticias Cadetes CADETES. EUME DEPORTIVO, 4 - NUMANCIA, 0.
 
 

CADETES. EUME DEPORTIVO, 4 - NUMANCIA, 0.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Eume 4 - Numancia 0. Gándara Eumesa 30/10/10.O NUMANCIA Á DERIVA EN PONTEDEUME.
Os de Ares comezaron ben, quedaron con dez, e remataron facendo un ridículo encontro.

 

Pontedeume, 30 octubre de 2010.

ALINIACIONS:
Eume Deportivo: Vidal (Diego Domínguez min. 69), Diego Martínez, Carlos (Jesús Bello min. 65), Álvaro (Tojeiro min. 69), Edgar, Jaime, Alejandro, Diego Pérez (Ramón min. 40), Tomás (Marcos min. 65), Jorge e Alberto.

Numancia: Xaime, Migui (Cabana min. 60), Pepe, Darío, Juan, Miguelito (Ricardo min. 40), Adri (Adrián min. 56), Piñeiro, Borja, Quique e David (Dani min. 60).

COLEXIADO: Daniel Barrera Lourido (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a Jesús Bello polo Eume, e a Juan e Darío polo Numancia. Expulsou a Quique do Numancia con vermella directa.

GOLES:
Eume: Tomás, Alberto, Ramón e Jesús Bello.

 



Encontro que na primeira media hora de xogo estivo moi igualado e na que ningún dos dous equipos dominaba claramente no terreo de xogo. Os de Ares tiñan algo máis a posesión do balón pero eran os Eumenes os que creaban o perigo. Aos sete minutos de xogo, á saída dun corner a favor do equipo aresán, víronse sorprendidos nun contraataque do Eume que gaña as costas da defensa, Tomás, controla, conduce, encara a Xaime e bateo por Baixo, para establecer o 1 - 0. Tres minutos máis tarde, a punto están os de Ares de conseguir a igualada nun centro de Quique ao segundo pau e ao que Borja non chega por moi pouco. Corría o minuto 22 e chegaría a xogada clave do encontro, Quique nunha xogada de impotencia toma a lei da súa man e deixa os de Ares con dez ao ver unha xusta tarxeta vermella. Os visitantes perden o mediocampo, e en inferioridade numérica, o Eume a os poucos foi impoñendo o seu xogo para dominar claramente nos minutos finais desta primeira metade, nos que gozaron dalgunha boa ocasión para facer subir máis goles ao marcador.

A segunda metade foi un monólogo do Eume. Durante os corenta minutos, os de Ares foron un barco á deriva, descolocados, sen ideas claras, totalmente perdidos e desmotivados. A medida que foron pasando os minutos, sucumbiron ante un Eume que con mellor xogo e superioridade numérica manexaron o encontro ao seu antollo, creando numerosas ocasións de gol. No minuto 14, novamente os locais gañan as costas da defensa, Alberto encara a Xaime e sensacional rexeitamento deste que recolle Ramón no segundo pau para establecer o 2 - 0. No 30, sensacional execución dun libre directo de Alberto que fai subir o 3 - 0 ao marcador. E seis minutos máis tarde Jesús Bello, libre de marca no punto de penalti, establece o 4 - 0 definitivo a pase de Jorge dende a liña de fondo. En resumo, clara, contundente e xusta vitoria local nun encontro no que os de Ares fixeron unha esperpéntica segunda metade.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.