Inicio Noticias Cadetes CADETES. ORTIGUEIRA, 4 - NUMANCIA, 3.
 
 

CADETES. ORTIGUEIRA, 4 - NUMANCIA, 3.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Ortigueira 4 - Numancia 3. San Claudio.PESE A DERROTA OS CADETES DEIXARON UN BO SABOR DE BOCA.
Partido condicionado polo vento ao que lle sacou maior proveito o Ortigueira. 



San Claudio, 16 de outubro do 2010.

ALINIACIONES:
Ortigueira: David, Bruno, Adrián, Sergio, Cristián Corral, Ignacio, Martín, Cristián Pérez, Manuel e Carlos. Tamén xogaron, Luis, Rubén, Javier, Miguel e Pablo.
Numancia: Xaime, Brais (Migui min. 40), Pepe, Dario, Cabana (Dani min. 52), Ricardo (Sergio min. 55), David (Roque min. 55), Adrián Gómez (Alejandro min. 70), Borja, Quique e Juan.

COLEXIADO: Rodrigo Serrano Naveiras (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a Adrián e Ignacio polo Ortigueira e a Borja e Juan polo Numancia.

GOLES:
Ortigueira: Martín (3), Pablo (1).
Numancia: Quique (3).

Primeira metade que comezaba mal para os de Ares, pois aos dous minutos de xogo encaixan o primeiro tanto. Balón ás costas da defensa, nin a zaga nin o gardameta están atentos e Martín faise co balón para superar de vaselina a saída de Xaime quen no seu intento de afastalo termina por introducilo en propia porta 1 - 0. Esta sería a tónica de xogo do Ortigueira en todo o partido, que aproveitando a velocidade do seu dianteiro Martín, ao que Pepe tivo moitas dificultades para frear, volvería ao longo do encontro a sorprender aos de Ares á contra. Pese ao xarro de auga fría os aresáns non se viñeron abaixo e continuaron xogando o seu partido, obtendo un xusto empate aos 14 minutos por medio de Quique ao lanzamento maxistral dun libre directo dende o pico da área. Cinco minutos despois corner que bota Quique e o balón, axudado un pouco polo vento, peta no traveseiro. O partido estaba entretido e moi igualado, cada equipo intentaba impor o seu xogo, pero non había un dominador claro. No minuto 21, os locais volvíanse a pór por diante, de novo un balón ás costas da defensa, Pepe falla no despexe, o balón chega aos pés de Martín que encara a Xaime o dribla e marca a porta baleira 2 - 1. Outra vez a remolque, pero os de Ares estábano a facer ben e non tardaron moito en volver igualar a contenda, sería no minuto 30. De novo a balón parado Quique desde os tres cuartos de campo lanza un disparo axustado á base do pau que o gardameta local non pode atallar, 2 - 2. No minuto 34 os de Ares tiveron unha gran ocasión para porse por diante e irse aos vestiarios con vantaxe no marcador pero a fortuna non lles sonreu. Internada na área de Borja e Quique, quedanse sós ante o gardameta, disparo deste ultimo que se estrela no corpo do porteiro.

En resumo primeira metade moi igualada sen un dominador claro, e xusto empate a dous tantos para irnos aos vestiarios.

Na segunda metade os locais xogaron a favor do vento e ben que o aproveitaron. Ao seu bo desprazamento de balón, atoparon nel, o xogador número 12, o que lles permitiu chegar con máis profundidade ao área visitante, sendo os claros dominadores ao longo de trinta minutos. O Ortigueira saíu a polo partido e arrinconou aos de Ares no seu campo tendo estes moitas dificultades para desembarazarse do dominio local. Froito dese dominio as ocasións de sucedían unha tras outra, no minuto 47, Xaime con algúns apuros, envía a corner un libre directo. No 53 sensacional parada de Xaime a un forte disparo de Ignacio dende fora do área. No 55 de novo detén dous disparos consecutivos de Ignacio. No 70 Dani quita un gol cantado baixo os paus. Era cuestión de tempo o Ortigueira estaba enrriba e no iba tardar en chegar. Tanto foi o cántaro á fonte, que terminou por rachar no minuto 71, arrancada pola banda de novo de Martín que supera a Pepe por velocidade, encara a Xaime e báteo de tiro cruzado, 3 - 2. No trascurso destes minutos os de Ares chegarían nunha soa ocasión á meta local, sería no minuto 51, ao saque dunha falta que Quique colga no área, Borja baixá co peito, golpea segundo cae e rexeita o gardameta. Este gol en contra espolearía aos de Ares que nos dez últimos minutos terían as súas ocasións. Ainda así, no 76, novo man a man de Pepe con Martín no área, finalmente o aresano toca coa man e o colexiado sinala a pena máxima que se encargaría de transforma Pablo para establecer o 4 - 2. O Numancia saca do centro do campo, colgan o balón no área, a defensa entretense Quique bótaselles enrriba o despexe peta nél e o rexeite estrélase no traveseiro. E no minuto 80, falta ao bordo do área que coa Borja entre os defensas para Quique, éste queda só ante o gardameta e bateo de forte disparo para establecer o 4 - 3 definitivo.

En resumo, nesta segunda metade, mala primeira media hora dos aresás que se viron superados pola garra, a contundencia e o xogador número 12 do equipo local. Nos últimos dez minutos reaccionaron, pero xa había pouco marxe de manobra, a pesar diso gozaron dunha boa ocasión para igualar o partido, igualada que de xustiza sería inxusta. A pesar da derrota, como di o titular “quedounos un bo sabor de boca”, hai que seguir traballando e mellorando, porque con esta actitude os bos resultados non han tardar en chegar.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.