Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 4 - O VAL, 4.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 4 - O VAL, 4.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 4 - O Val 4. Prados Vellos.XUSTO REPARTO DE PUNTOS
Os de Ares refixeronse na segunada metade e igualaron ata en duas ocasións un resultado adverso, nun partido vibrante, cun tempo para cada equipo, e de resultado incerto ata o asubío final. 

Ares 09 de outubro de 2010.

ALINIACIONES:
Numancia: Xaime, Darío, Pepe, Dani (Brais min. 40), Miguel (Adrián Gómez min. 40)), Miguelito (Cabana min. 40), Adrián Rodríguez (Sergio min. 65), Quique, Borja, Juan e David (Roque min. 68).
O Val: Ángel, Daniel Fernández, Iván, Manuel, Ricardo, Manuel García, Francisco (Samuel min. 59), Cristián, Fernando (Aarón min. 64), Marcos e Daniel Bellas.

COLEXIADO: Dª Raquel Ortega Orge (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a Ricardo do Val.

GOLES:
Numancia: Quique (3) e Juan.
O Val: Manuel, Marcos, Fernando e Daniel. 

 



Tarde asollada e de temperatura agradable para a práctica do fútbol e na que puidemos gozar dun emocionante encontro entre o Numancia e O Val. Nada máis comezar, os de Ares daban o primeiro aviso nun man a man de Borja co gardameta visitante, que cruza en exceso e márchase pegado ao pau. Nos minutos iniciais non houbo un dominador claro do xogo aínda que os de Ares tiñan a iniciativa, achegándose con perigo á meta visitante en varias ocasións. No entanto serian os valexos, na primeira ocasión na que se achegaban a meta local, os que inaugurarían o marcador no minuto 9, nun maxistral libre directo executado por Manuel para pór o 0 - 1 no marcador. O Val a raíz do gol veuse arriba e foi impondo o seu bo xogo apropiándose aos poucos do partido. No minuto 20 os de Ares desaproveitan unha boa ocasión para empatar o encontro, Borja nun man a man co gardameta envía por encima do traveseiro. Os de Ares non estaban xogando un bo encontro, o equipo estaba descomposto e desaparecido do terreo de xogo. Froito diso encaixaría dous novos tantos nos minutos 25 (Marcos) e 31 (Fernando). Os ánimos decaeron, os de Ares víanse constantemente superados polo xogo visitante, definitivamente o partido pintaba mal. Corría o minuto 36 cando Quique sacase da chisteira unha xenialidade, disparo de bolea dende os tres cuartos que sorprende a Ángel, golazo que levantou os ánimos aos de Ares nos minutos finais e maquillou un resultado de 1 - 3 co que se chegaría ao descanso.
Comeza a segunda metade, e no 42, primeiro aviso visitante nun man a man de Daniel con Xaime ao que supera de vaselina pero afortunadamente o balón marcha alto. No minuto 47 pillería de Quique ao saque dunha falta en mediocampo, pase a Borja que recolle e controla próximo a área, pasa a Juan que gaña as costas dos defensas, encara a Ángel e báteo de tiro axustado ao pau 2 - 3. Os cambios introducidos no descanso, e este gol, marcaron un antes e un despois no partido. Vimos outro Numancia, vimos outro xogo, vimos outra mentalidade e vimos un equipo metido no partido. O cóctel tivo por resultado unha nova ocasión un minuto despois novamente nos pés de Quique que marcha desviado. Pero tivo unha nova oportunidade para resarcirse no minuto 52 a pase Borja, nesta ocasión non perdoa, man a man co gardameta ao que bate por baixo de tiro cruzado para establecer unha xusta igualada no marcador, 3 - 3. Eran os mellores minutos dos de Ares, tiñan ao rival acurralado, xogaban e creaban. Había esperanza, o mais difícil estaba, superar un 1 - 3 en contra. Os de Ares estaban xogando mellor que o rival, podíase dar a volta ao encontro. Pero no 70 erro defensivo dos numantinos, pase dende a liña de fondo que recolle Daniel libre de marca no punto de penalti e bate a Xaime, 3 – 4, de novo os valexos por diante. Pouco durou a alegría visitante, dous minutos despois centro chute de Quique que sorprende a Ángel, dá no pau e para dentro, 4 - 4. As espadas estaban en todo o alto e quedaban oito minutos por diante, máis o desconto. No minuto 78 remate de Borja que sae rozando o traveseiro e no 79, de novo Borja, nesta ocasión estrela o balón no pau. Hoxe non era a súa tarde, non podía ser, o capricho da sorte fora inxusta co rapaz. Asubío final e táboas no marcador. Xusto empate dun partido cun tempo para cada equipo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.