CADETES. NUMANCIA, 0 - EUME, 2.

S.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 0 - Eume 2. Prados Vellos.UNHA METADE PARA CADA EQUIPO.
A falta de espírito gañador e loita, xunto á desgana dalgúns xogadores, sentenciou a un Numancia, que ata dispuxo de mais ocasións que o rival para facerse co encontro, pero no tuvo a sorte de cara. 

Ares 17 de setembro de 2010.

NUMANCIA: Xaime, Miguel, Dario, Adrián, Dani, Ricardo, Martín, David, Juan, Quique e Borja. Tamén xogaron Miguelito, Alejandro, Javi e Andrés.
 

Moi boa primeira parte do Numancia que levou todo o peso da mesma, mellor xogo e mellor toque de balón. Gozou de tres boas ocasións para bater a portería eumesa pero estiveron desafortunados de cara a gol. Pola contra, o Eume, cun disparo afastado no minuto 16 dende fóra do área foise ao descanso coa vantaxe no marcador. Marcador que non facía xustiza ao visto nesta primeira metade.

Na segunda metade os de Ares saíron coa mesma dinámica que na primeira, pero aos poucos foron perdendo fol e o Eume foise facendo co encontro. Aínda que os aresáns volverían dispor de varias ocasións para empatar, e ata para facerse co encontro, volvían encaixar un novo gol no minuto 61. Unha boa xogada pola banda, na que o dianteiro eumes leva aos defensas aresás, encara a Xaime que sae da porta, e báteo de preciosa e precisa vaselina. Este gol termiñou por afundir aos de Ares, viñeronse abaixo, o cansazo físico aflorou e o espirito de loita dalgúns xogadores cesou. De aquí ao final do encontro o Eume puxo unha marcha máis e controlou un partido que levou só polas gañas de gañalo, ambición que lle faltou aos aresáns.

Antes de finalizar quixese destacar as actuacións de Miguel Piñeiro, Dario, Quique e Borja, que en ningún momento cesaron no seu espírito de loita. Ao resto, quixera que tomásedes exemplo deles, porque o equipo sodes todos.

Pronto comezara o campionato de liga, e se non cambiades esa actitude, moitos puntos coma os de hoxe, van quedar polo camiño.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.